Sthela Táboas 18/10/2021

Mos é o único concello da comarca que perde poboación e a mocidade segue marchando ante as dificultades para acceder á vivenda

A creación dun polígono residencial suporía o primeiro paso para o desenvolvemento do núcleo urbano previsto no PXOM

As dificultades para acceder á vivenda afectan a toda a poboación no seu conxunto, pero especialmente aos sectores cun nivel de renda máis baixo. En Mos, ao elevado prezo do solo residencial hai que engadir outro problema a maiores, como é a escaseza de oferta, tanto en réxime de venda como en aluguer.

O BNG entende que o goberno municipal non pode permanecer de brazos cruzados ante esta situación e por este motivo vai presentar, no próximo pleno, unha moción para instar á Xunta a construír un novo parque de vivendas de protección pública no termo municipal. Vaise solicitar, ademais, que se abran canles de negociación con outras administracións á procura de fondos para a creación dunha bolsa de vivenda municipal destinada alugueiro social e para xente nova.

As boas comunicacións e a proximidade a Vigo converten a Mos nun lugar atractivo para vivir, pero o concello, paradóxicamente, leva varios anos perdendo poboación. En 2013, o censo acadou o seu máximo histórico con 15.367 habitantes, pero a cifra foi caendo ano tras ano e os últimos datos indican que a cantidade total de residentes xa se viu reducida, dende entón, en máis de 300 persoas.

A crise demográfica de Mos contrasta, por outra parte, co crecemento que experimentaron nos últimos anos outros concellos da contorna como O Porriño, Gondomar, Tui ou Salvaterra. Tal como indica o portavoz municipal do BNG, Gustavo Barcia, “en Mos, para ter unha vivenda primeiro hai que contar cun terreo edificable e despois dispoñer do diñeiro preciso para construíla, algo que moi pouca xente se pode permitir no actual contexto de precariedade laboral”. En opinión do concelleiro, “a falta de proxecto e a ineficacia do goberno do PP están condenando á mocidade a marchar de Mos”.

O lugar idóneo para a construción dun novo parque de vivendas de protección pública é, para o BNG, a contorna das Pozas, en Petelos. Barcia cre que a creación deste polígono residencial, xunto á inauguración da nova casa consistorial, “debería supoñer o primeiro paso para o desenvolvemento do novo centro urbano previsto no PXOM de 2017”.

Dende a inauguración dos pisos de San Eleuterio, nos anos noventa, Mos non volveu recibir ningún investimento público en vivenda de protección oficial. En 2008, o Plan Sectorial Galego de Solo Residencial, presentado pola conselleira nacionalista Teresa Táboas, prevía a construción de 439 vivendas en Mos, das cales 361 serían protexidas, pero a chegada de Núñez Feixóo á Xunta de Galiza impedíu sacar adiante aquel investimento, estimado en máis de 15 millóns de euros.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad