Sthela Táboas 18/10/2021

Elimínase o aparcamento da marxe dereita en Leandro Diz para establecer dous sentidos de circulación, e en Xogo da Ola poderase estacionar en batería

O Concello do Porriño informa que dende hoxe, comeza a realización de traballos de sinalización horizontal na rúa Xogo da Ola e no treito entre esta vía coa rúa Leandro Diz, ate a intersección coa rúa Manuel Rodríguez.

O concelleiro de Infraestruturas do Concello do Porriño, Pedro Pereira, explicou que “Na rúa Xogo da Ola procederase a sinalización viaria horizontal de aparcamento en batería na marxe esquerda en sentido descendente. E na rúa Leandro Díz  ate a intersección coa rúa Manuel Rodríguez, eliminarase a liña de aparcamento da marxe dereita da calzada para habilitar dous sentidos de circulación”.

Referente ao propósito destas actuacións “esta nova sinalización viaria, habilitando dobre carril na rúa Leandro Diz, lévase a cabo para poder realizar as obras de humanización e peonalización do treito da rúa Manuel Rodríguez desde a rúa Xogo da Ola ate a Praza de San Sebastián”, indicou Pereira.

A Policía Local e a agrupación de Protección Civil procederon á sinalización de prohibido aparcar na rúa Leandro Díz, para poder realizar os traballos de pintado.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad