Sthela Táboas 14/10/2021

O sábado 16 de outubro ás 19 horas no Auditorio Municipal de Teis actúa a sección infantil e o domingo 17 de outubro no Centro Cultural de Valladares a sección xuvenil

A Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo, Kv2211, ofrecerá esta fin de semana dous concertos incluidos na súa programación anual coa colaboración do Concello de Vigo. O primeiro en Teis, no marco do ciclo “Música clásica nas parroquias”; e o segundo, en Valladares, adicado á Reconquista de Vigo, aprazado este ano por razóns do coronavirus.

A Orquestra Infantil de Vigo, Kv2211 actuará este sábado 16, ás 19:00 h no Auditorio Municipal de Teis, cocerto incluido no ciclo “Música clásica nas parroquias”, dirixida por Raquel Fernández.

O ciclo “Música clásica nas parroquias” é unha iniciativa da Orquestra Kv2211 co que se pretende contribuir á oferta cultural e dinamización musical de Vigo, abrindo a música clásica a todos os grupos de idade, especialmente aos máis novos e ás familias, cunha oferta musical máis acorde coa súa idade. Ao mesmo tempo, esta inicitativa mantén a formación dos músicos da orquestra. As pezas escollidas son curtas e están adaptadas ao público infantil.

Na xornada dominical, a Orquestra Xuvenil de Vigo Kv2211, dirixida por José M. Fernández ofrecerá unha actuación ás 19.00 h, no Centro Cultural de Valladares.

Baixo a idea “Música para unha Reconquista”, o concerto conmemora a Reconquista de Vigo de 1809 combinando pezas musicais e textos, estos últimos a cargo de actores da Asociación do Casco Vello de Vigo e o “Grupo de Teatro R1809” #somosreconquista.

Os concertos son gratuitos cun límite de aforo e cumprimento da normativa Covid-19.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad