Mónica Romero 13/10/2021

Será este venres no Teatro Municipal e o aforo será do 85%. As entradas están en venda en www.tui.gal

Marián Bañobre e Avelino González protagonizan “O Mel non caduca” a comedia que Ibuprofeno Teatro presenta este venres, 15 de outubro, ás 21.30 h no Teatro Municipal de Tui dentro da programación de Outono.

Trátase dun espectáculo ambientado no universo das abellas e do mel que explora a relación do ser humano cos obxectos, a degradación ecolóxica do planeta, e a obsolescencia programada, tanto dos produtos coma das persoas.

Santiago Cortegoso é o autor e director desta peza teatral na que dous irmáns volven á casa familiar na aldea tras a morte da súa nai. Como xestionar as pertenzas familiar fai aflorar o conflito entre os dous. Recibiu o premio de Mellor Actor no Festival de Teatro Galego Celso Parada e foi candidato ao de Mellor Actor nos XXIV Premios Max.

As entradas están en venda en www.tui.gal aos prezos de 8€ e 6€ até o venres ás 20.30 h.

Coas novas medidas que entraron en vigor o pasado sábado o aforo do teatro amplíase até o 85% é dicir, 470 butacas. Cómpre lembrar que www.tui.gal están á venda xa as entradas para todos os espectáculos da programación de Outono.

Ibuprofeno Teatro

Ibuprofeno Teatro foi fundada en 2010 por Santiago Cortegoso e Marián Bañobre para sacar adiante proxectos de xeito independente.

Comezaron con catro espectáculos de pequeño formato – “A filla de Woody Allen”, “Pequenos Actos Pseudorrevolucionarios”, “Fitness” e “O Furancho” – aos que seguiron “Raclette” e “Casa O’Rei”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad