Mónica Romero 13/10/2021

As charlas serán este xoves e venres e mañá xoves haberá un posto informativo no mercado semanal

Explicar o Plan Municipal de Compostaxe do Concello de Tui será o obxectivo das dúas charlas informativas previstas para mañá xoves e o venres na aula CEMIT, na Área Panorámica, a cargo da mestra composteira Sara Luque. Son charlas abertas a toda a cidadanía nas que se solucionarán todo tipo de dúbidas.

Será mañá xoves ás 19 h e o venres ás 11 h. Nas mesmas explicarase o Plan Municipal de Compostaxe, como compostar en composteiros individuais ou nos centros de compostaxe comunitaria. Tamén se resolverán dúbidas sobre que se pode votar nos composteiros, cómo facelo, coma é o proceso…

Previamente mañá xoves, de 9.30 a 13.30 h, haberá un posto informativo sobre compostaxe no mercado semanal, no que as persoas que se acheguen poderán resolver as súas dúbidas, levar un agasallo ou unha bolsa con compost.

Tui conta nestes momentos con catro centro de compostaxe comunitaria situados na traseira da Área Panorámica, na rúa Tenencia, a carón da praza de abastos, e na prolongación da rúa Casal Aboy.

No Plan Municipal de Compostaxe figuran rexistrados máis de 200 composteiros individuais unha cifra que se incrementará até finais de ano xa que está previsto repartir 300 composteiros máis entre a poboación que o solicite.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad