Sthela Táboas 11/10/2021

Os dous últimos cursos impartidos do Programa Integrado de Emprego teñen un horario compatible co escolar para que @s usuari@s, un 86% mulleres (nais ou avoas), poidan compatibilizar a formación coa atención dos menores ao seu cargo

O VI Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos atópase na súa recta final, pois rematará o vindeiro 8 de novembro. E nestas últimas semanas o programa atópase volcado en accións formativas plenamente adaptadas á conciliación da vida familiar e formativo-laboral dos seus usuarios e usuarias, pois impártense en horario matinal de 09.30 a 13.30 h para que poidan deixar e recoller na escola aos menores au seu cargo.

Cómpre destacar que nos dous cursos en cuestión, “Traballo e Liderado en equipo en cociña” e “Operacións básicas en atención ao cliente e CRM” o alumnado é maioritariamente feminino: 12 mulleres e 2 homes, o que representa un 85,71% de alumnas mulleres, todas nais ou avoas con fillos ou netos ao seu coidado.

Este último tramo do VI Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos, está a ser intenso en canto a accións formativas para os/as usuarios/as. Á volta ás aulas tamén chegou oa Programa Integrado con dúas accións formativas moi innovadoras e pensadas especialmente na conciliación familiar dos/as usuarias/os. Os pasados días 24, 25, 27 e 28 de setembro, tivo lugar nas instalacións da Axencia de Colocación de Mos, así como nas instalacións dunha empresa formativa en Vigo, o curso denominado “Traballo e Liderado en equipo en cociña” de 20 h de duración; no cal, 14 alumn@s puideron gozar de formación. O tema deste seminario especializado foi un proceso de traballo no que se levaron a cabo procesos de formación baseados no traballo en equipo e liderado a través dos fogóns.

Ao día seguinte, o mércores 29 de setembro, comezaba un novo reto formativo que leva por título “Operacións básicas en atención ao cliente e CRM” no que se esgotaron todas as prazas e que conta cunha duración de 40 h impartidas na súa totalidade nas instalacións da Axencia de Colocación de Mos cun horario adaptado por completo ás necesidades de conciliación do grupo de alumnado formado, na súa maioría, por mulleres do Concello que conocilan a súa laboura formativa coa maternidade.

Este curso, trátase da segunda edición dunha formación impartida durante o pasado mes de maio que, debido ao éxito que acadou por parte das participantes, e coa motivación de ofrecerlle alternativas a todos os perfís de usuari@s, se lles brindou desde o Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos aos interesad@s.

Esta formación estase a celebrar desde o día 29 de setembro e alongarase ata este xoves 14 de outubro. A xestión da relación co cliente ou CRM, é unha estratexia para xestionar todas as relacións e interaccións dunha empresa cos seus clientes potenciais e existentes. Un sistema CRM axuda ás empresas a estar en contacto cos clientes, racionalizar os procesos e mellorar a rendibilidade.

O VI Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos conta cun total de 100 usuari@s: 30 persoas pertencentes a colectivos con maiores dificultades como persoas desempregadas con discapacidade, persoas desempregadas en risco de exclusión social (incluidas as perceptoras de Risga) e persoas desempregadas menores de 30 anos con baixa cualificación; e 70 persoas de colectivos como persoas desempregadas menores de 30 anos cualificadas,  persoas desempregadas perceptoras de prestacións, subsidios de desemprego ou renda de inserción activa de inserción (RAI),  mulleres desempregadas e persoas desempregadas de longa duración. O VI Programa Integrado de Emprego 2020-21 está subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia con 250.000 €. O custo total do proxecto é de 313.283,21 €, asumindo o Concello o importe restante.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad