Mónica Romero 09/10/2021

Nos últimos 12 meses deu cobertura psicolóxica e xurídica a 90 mulleres vulnerables ou vítimas de violencia de xénero

O programa municipal de atención integral a mulleres Muller Tui vén de cumprir un ano de actividade prestando servizo de atención psicolóxica e xurídica.

Este servizo municipal presta atención especializada a mulleres vítimas de violencia de xénero, facéndose extensivo a todas aquelas que se atopan en calquera situación de vulnerabilidade, como mulleres maiores, desempregadas, do medio rural, con fillos/ as menores a cargo, etc. Tamén ten por obxectivo o fomento da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes e a prevención e eliminación da violencia de xénero.

O Concello de Tui asumiu este ano con fondos propios a continuidade do programa Muller Tui, que se puxera en marcha en agosto de 2020 a través dunha subvención da Dirección Xeral de Igualdade. A concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, explica que “a falla de recursos por parte da Xunta na convocatoria de 2021 deixou sen achega económica a moitos concellos de tamaño medio coma é o caso de Tui” polo que optaron por dar continuidade o servizo con fondos propios “nun momento de especial necesidade de apoio das mulleres”.

Dende a posta en marcha de Muller Tui o programa deu cobertura a 90 mulleres vulnerables ou vítimas de violencia de xénero, derivadas principalmente dende os Servizos Sociais Municipais. A metade viven nas parroquias tudenses e a outra metade no centro urbano.

O servizo de atención xurídica de Muller Tui atendeu no último ano a 65 mulleres, das que 18 son estranxeiras, o 70% teñen entre 25 e 54 anos, e o 46% teñen fillo ou fillas menores a cargo. O 80% das usuarias do programa no momento de acceder ao mesmo estaban en situación de desemprego o que segundo a concelleira de Igualdade “da conta da situación de precariedade na que a maioría están, feito que incrementa a súa vulnerabilidade”.

O 50% das mulleres que se achegaron a este programa refiren ter vivido algunha situación de malos tratos. 19 delas presentaron denuncia por violencia de xénero, ben antes ou ben despois de seren atendidas, e 12 das mulleres vítimas atendidas contan ou contaron con Orde de Protección.

A través do servizo de atención xurídica realízanse;

  • Consultas persoais e individualizadas de interese para as usuarias.
  • Estudo dos seus asuntos e, no seu caso, documentación , detección da necesidade e posibles solucións xurídicas ao caso concreto.
  • Comunicación con terceiros para facilitar recursos e alternativas ( organismos públicos e privados, FFCC de seguridade, profesionais intervenientes, etc)
  • Redacción de escritos e documentos que a usuaria poida precisar , así como a remisión de solicitudes de Xustiza Gratuíta, de axudas e prestacións ( cando non competen aos Servizos Sociais municipais) e, en xeral, o acceso a recursos necesarios en cada caso.

A atención psicolóxica a mulleres vítimas de violencia de Xénero é derivada ao Colexio de Psicoloxía de Galicia e á Xunta de Galicia que ofrecen gratuitamente á muller alternativas entre os distintos centros e profesionais existentes na contorna do Concello de Tui, segundo as posibilidades. Amais dende os Servizos Sociais Municipais en coordinación coa xurídica do programa xestiónase o servizo ATEMPRO.

Por outra parte o Servizo Municipal de Orientación Laboral asesora e orienta ás usuarias de Muller Tui na súa empregabilidade co obxectivo de que poidan acadar a independencia económica e a autonomía.

O servizo préstase, de forma presencial ou telefónica, en función das necesidades de mulleres, previa solicitude de cita nos Servizos Sociais Municipais.

A concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, expón que “os servizos a disposición das mulleres son, sen dubida, o mellor xeito de aplicar os recursos das políticas de prevención e loita contra a violencia de xénero.”

Dende a concellería de Igualdade trabállase en distintas accións para dar cumprimento ao IV Plan Municipal de Igualdade.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad