Sthela Táboas 06/10/2021

A xornada de traballo, celebrada no Centro de Dotacións do Medio Rural de Torroso, contou coa presencia da directora de Agader, da presidenta de Eurural e da alcaldesa de Mos

Mos foi este mércores o epicentro do desenvolvemento rural de Galicia. Por primeira vez, os 24 GDRs da comunidade déronse cita no Centro de Dotacións do Medio Rural de Torroso, na segunda reunión da Mesa de Coordinación destes grupos para debater cuestións sobre o programa Leader, ou sobre a futura convocatoria de axudas para accións preparatorias da vindeira estratexia de desenvolvemento local, así como recibir formación sobre as oportunidades de financiamento para os concellos rurais no marco dos fondos Next Generation. “Hoxe tratamos temas vitais que definirán o futuro dos GDRs nos vindeiros anos. Debemos traballar para coñecer o que pasa no territorio, planificar o que facer e aproveitar ben os fondos europeos para dar pulo a todas as comarcas galegas”, destacou Inés Santé, directora da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Agader, durante o peche da xornada. 

Neste sentido, a presidenta do GDR Eurural e alcaldesa de Tomiño, SandraAlonso, apuntou que “os grupos de desenvolvemento rural temos que facer un esforzo grandísimo porque estamos diante dunha oportunidade histórica e debemos facer todo o que estea na nosa man para que eses fondos calen no noso rural e nos axuden a continuar dinamizándoo”.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, lembrou que os 24 GDRs de Galicia van cumprir 30 anos traballando e “os concellos temos que sentirnos moi satisfeitos de poder contar con estes instrumentos necesarios para organizar a nosa terra, os nosos produtos, a nosa economía, o noso rural”.

Durante a xornada, os grupos de desenvolvemento rural afondaron tamén na preparación de novas actividades, como a de ‘Camiñando contra a violencia de xénero’ para conmemorar o vindeiro 25 de novembro o Día Mundial contra a Violencia de Xénero, e falaron sobre aspectos como a aplicación Xalea ou os informes técnicos sobre o seguimento e control de programas.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad