Sthela Táboas 05/10/2021

A inscrición para os tres novos itinerarios, destinado a mellorar a empregabilidade entre as persoas de colectivos máis vulnerables, está aberta na web provincial 

Durante este mes de outubro e o de novembro, a Deputación de Pontevedra pon en marcha novas accións formativas presenciais e gratuítas no marco do proxecto “Labora 2020”, que se desenvolverán nos concellos de Pontevedra, Vigo, A Guarda, Cangas e Lalín. Este programa, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, está destinado á inserción das persoas máis vulnerables e ten por obxectivo mellorar a formación e a empregabilidade na provincia.

En concreto, o programa está dirixido a persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego e que pertenzan a colectivos vulnerables (persoas desempregadas de longa duración, moz@s menores de 30 anos non atendidos no Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEX), persoas maiores de 55 anos, persoas con diversidade funcional, inmigrantes, minorías étnicas ou comunidades marxinadas e outros colectivos desfavorecidos.

Este mes de outubro comeza o itinerario formativo de Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio, nos concellos de Pontevedra e Vigo. Trátase dunha acción de 632 horas e que permitirá ás persoas beneficiarias formarse para traballar como auxiliares de axuda a domicilio, asistentes de atención domiciliaria o como coidadores de persoas maiores con diversidade funcional ou persoas convalecentes no domicilio.

En Vigo desenvolverase tamén o itinerario Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, cun total de 482 horas de formación para as ocupacións de coidador@ de persoas con diversidade funcional e persoas dependentes en institucións.O terceiro dos itinerarios, de Docencia da Formación Profesional para o Emprego, terá lugar nos concellos de A Guarda, Cangas e Lalín, iniciarase en novembro e consta de 412 horas. A actividade permitirá ás persoas beneficiarias converterse en formador@ de FP non regrada e formador@ para o Emprego. As inscricións nestas actividades deben realizarse a través da web da Deputación (https://www.depo.gal/labora-2020) e as persoas interesadas poden informarse tamén nos teléfonos 986 804 100 (extensión 40846) ou no correo electrónico labora2020@depo.es.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad