Sthela Táboas 05/10/2021

Unha subvención autonómica que supera os 33.000 € permitirá a adquisición, mediante renting, dun ‘Suv’ híbrido

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o Xefe da Policía Local, Gerardo Álvarez, anunciaron esta onte que o Concello ven de coñecer a resolución favorable dunha subvención do Fondo de Compensación Ambiental da Dirección Xeral de Administración Local da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia, por importe de 33.152 €, para a adquisición mediante renting dun novo vehículo para a Policía Local mosense.

As características técnicas do novo vehículo son: híbrido non enchufable con etiqueta ECO, modelo ‘Suv’ todo camino de 5 prazas que forma parte da renovación e ampliación do parque móbil policial mosense, apostando pola mobilidade sostible e a reducción de emisións contaminantes.

Hai un ano que o Concello de Mos adquiría para a Policía Local con fondos propios outro coche modelo ‘Suv’ ECO híbrido, e unha furgoneta totalmente equipada para atestados, contando tamén con subvención da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia.

O Concello de Mos está a apostar por renovar e ampliar o parque móbil da Policía Local para cubrir as necesidades operativas e de autonomía da Policía, posto que debido á gran dispersión poboacional pode ter que realizar ao día máis de 400 km para atender as diferentes necesidades e denuncias veciñais. Polo que precisan de vehículos de baixo consumo.

A Policía Local de Mos conta, coa incorporación deste novo coche híbrido, dun parque móbil dotado de 5 vehículos -3 turismos, 1 furgón de atestados e 1 moto (tamén subvencionada pola consellería de Presidencia da Xunta)-; xa que con esta nova incorporación aproveitarase para retirar e dar de baixa os 2 coches máis antigos, en aras de apostar pola loita contra o cambio climático reducindo a emisión de CO2 mediante a utilización de vehículos ECO con consumo ecolóxico.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad