Sabela Landín 05/10/2021

Román Rodríguez sinala esta competición, que se celebra por primeira vez en 11 sedes ao longo de toda Galicia, como un escaparate da calidade da FP galega e do nivel do seu alumnado e profesorado

Destaca o crecemento destas ensinanzas na última década, cun incremento do 74% no número de matriculados e acadando unha inserción laboral do 92%

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, asistiu hoxe no Centro Integrado de FP Carlos Oroza, en Pontevedra, ao inicio da competición Galiciaskills 2021, as olimpíadas da Formación Profesional galega que se disputan ata o vindeiro 8 de outubro. Nesta edición toman parte máis dun cento de alumnos de 43 centros distintos e por primeira vez a competición está descentralizada en 11 sedes ao longo de toda Galicia.

O representante da Xunta de Galicia destacou Galiciaskills como “un escaparate da calidade da nosa Formación Profesional, que permite visibilizar a aplicación práctica destas ensinanzas e o traballo dos alumnos, do profesorado e do conxunto do persoal dos centros, ao tempo que transmiten valores como o talento ou excelencia”.

“En definitiva unha competición que demostra o nivel da nosa FP”, engadiu o conselleiro, felicitando aos participantes por ser os piares “que fan destas ensinanzas un sinónimo de calidade, de profesionalidade, de innovación, de emprego e, polo tanto, de oportunidades de futuro”. Neste sentido, o titular do departamento educativo de Galicia recordou que tanto en Galiciaskills como en Spainskills e en Worldskills “o alumnado galego vén contando cunha presenza relevante, con oito medallas na última olimpíada nacional”.

Román Rodríguez puxo en valor o crecemento da FP galega na última década, cun incremento do 74% no número de matriculados e un 92% de inserción laboral (fronte ao 51,7% do ano 2014). “Desde a Xunta seguiremos apostando pola FP e por iniciativas como esta, que permiten visibilizar o bo traballo dos centros e do conxunto do alumnado”, rematou.

Proxección da FP galega

Galiciaskills 2021 pretende darlle unha maior proxección e difusión á Formación Profesional que se imparte en Galicia, con 23 competicións relacionadas coas especialidades, nas que o alumnado participante medirá as súas destrezas e demostrará as súas capacidades na realización das correspondentes probas. Un total de 22 expertos organizan as cuestións técnicas e planifican cada unha das competicións, para as que os participantes contan tamén co apoio dos seus docentes. O alumnado gañador participará en Spainskills, que se celebrarán en marzo de 2022.

As olimpíadas da FP galega desenvólvense desde hoxe ata o vindeiro día 8 en 11 sedes de toda Galicia, en función das skills (ou competencias) avaliadas, en concreto nos Centros Integrados de FP (CIFP) Carlos Oroza, Ferrolterra (Ferrol), A Granxa (Ponteareas), As Mercedes (Lugo), Valentín Paz Andrade (Vigo), Paseo das Pontes (A Coruña) e Compostela (Santiago de Compostela), e nos institutos Urbano Lugrís (A Coruña), Politécnico de Vigo, Lamas de Abade e San Clemente (estes dous últimos en Santiago de Compostela). Toda a información sobre sedes e participantes pode consultarse no Portal de FP

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad