Sthela Táboas 02/10/2021

As terras que a empresa depositou nunha canteira da parroquia de Atios, das que se dixo poderían conter lindano, “según un informe realizado en setembro por Aplus, conclúe que nas mostras analizadas non hai presenza de HCH -Lindano-“

O BNG do Porriño ven de informar sobre o verquido de terras, con posible contido de lindano, nunha canteira de Atios, procedente da empresa Lonza sita en Torneiros; tras a información publicado por EU Son do Porriño nas redes sociais.
“O concelleiro de urbanismo, Pedro Pereira, estivo en contacto este venres coa veciñanza do Carbón. Tamén coa empresa Lonza, a Xunta de Montes de Atios e a empresa responsábel da canteira” afirma o Bloque.

Pedro Pereira “facilitoulles o informe, realizado no mes de setembro pola empresa Aplus, sobre a analítica das terras obxecto de desmonte e traslado, aos veciñ@s do Carbón e á Xunta de Montes de Atios”. O devandito informe “conclúe que nas mostras analizadas non hai presenza de HCH -Lindano-“.

Explica o grupo nacionalista que “o concelleiro, unha vez tendo constancia de denuncias sobre este tema no rexistro do Concello, deu as ordes necesarias para a apertura do correspondente expediente informativo” e, ao mesmo tempo “deuse traslado das denuncias á Consellería de Industria, responsable do proxecto de restauración da canteira”. Así meso, “mediante os oficios correspondentes, solicitóuselle tanto á empresa Lonza como ao titular da canteira os certificados das analíticas da terra como a súa trazabilidade”.

O Bloque Tamén se concertou unha reunión no Concello entre a empresa Lonza, a veciñanza do Carbón, a empresa titular da canteira e o concelleiro de Urbanismo.

Dende o BNG do Porriño din que “Pedro Pereira informou tamén a EU Son dos pasos dados, polo que non se entende a actitude alarmista deste grupo nun tema tan sensíbel que, coma noutros asuntos, roza a irresponsabilidade e traspasa o límite do tempero”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad