As obras de ampliación do saneamento no lugar de Carrascal teñen un custe de máis de 45.000 €
O Concello de Salvaterra de Miño ven de iniciar as obras de ampliación do saneamento no lugar de Carrascal, en Fornelos, por un importe superior aos 45.000 € a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, co fin de seguir mellorando e ampliando a súa rede de saneamento e, en consecuencia, dos servizos ofrecidos aos seus veciñ@s.
As obras incluídas neste proxecto consisten na limpeza, corte e demolicións de firme, completar a rede de servizos existentes no lugar de Carrascal e a reposición das gabias, co fin último de dotar de saneamento ás vivendas que actualmente non posúen dito servizo, para que se poidan conducir as augas residuais ao colector xeral, para o seu posterior tratamento.
En total prevese executar 442 m de tubería de PVC de 250 mm de diámetro nominal. O tramo a executar desembocará nun colector existente, polo que as vivendas poderanse conectar á rede de saneamento actual, unha vez rematada a obra.