Sthela Táboas 30/09/2021

Un total de 220 alumn@s mosenses de Primaria visitaron o xacemento co director da prospección arqueolóxica como guía de excepción

A concelleira de Educación, Julia Loureiro, acompañou esta mañá ao alumnado do CEIP de Petelos nunha visita á escavación e prospección arqueolóxica do Castro de Pereiras, organizada entre o Concello de Mos e a Comunidade de Montes de Pereiras -representada polo seu  presidente, Jorge Lorenzo-, que encargou a investigación grazas á que se fixo o descrubrimento deste xacemento da Idade de Ferro.

Grazas a esta excavación atopáronse un muro de unha edificación e200 pezas de cerámica da Idade de Ferro. A prospección arqueolóxica corre a cargo da empresa Tempos Arqueólogos, sendo o director da mesma, Mario Fernández, o encargado de facerlles a visita guiada e explicación do haxazgo aos cativos participantes na actividade.

Entre as 200 pezas atopadas hai un asa de ola e pezas de cerámica romana, fragmentos de terra sigilata, da que se dí que é unha das cerámicas máis caras e de prestixio da época; ademáis dun tipo de cerámica que se fabricaba desde o século I A.C. ata mediados do século 3, aproximadamente, de posible producción hispánica.

Considerando que a potencialidade dun proxecto arqueolóxico promovido por unha comunidade de Montes, e apoiado pola veciñanza de Pereiras, interesados no coñecemento arqueolóxico do seu territorio é moi interesante, xa que permitirá unha maior protección do ben, en particular, e do patrimonio arqueolóxico da parroquia, en xeral.

Este proxecto nace polo interese da veciñanza desta parroquia a dar resposta con documentación que abale esta historia e a posible posta en valor do xacemento arqueolóxico.

Aproveitando a ocasión, a comunidade de Montes, a Asociación de Veciños Nosa Terra e o Concello, quixeron convidar aos centros educativos para que foran partícipes directos de esta experiencia e puideran coñecer de primeira man a historia.

A obra está contratada coa empresa Arqueólogos S. L, empresa que redactou o proxecto e os seus responsables. O director da obra, Mario Fernández Pereiro  e o subdirector, Francisco Alonso Toucido, son os encargados de dar as explicacións técnicas adaptadas ao alumnado.

A actividade consistiu en visitar as prospeccións a pé de obra e que o alumnado puidera ver como se levaban a cabo as sondaxes arqueolóxicas na zona dos “Castros”, onde se lles explicou o contexto patrimonial e historia da zona, a metodoloxía empregada nas sondaxes, o material atopado en cada proceso e que obxectivos que se pretender acadar con esta obra.  

Trátase de achegar, dunha maneira moi xeral e adaptada a idade dos escolares, en qué consiste un traballo de arqueoloxía a nivel xeral e qué resultados se están atopando nesta sondaxe.

A visita dos escolares fíxose entre os días 28 e 30 de setembro, sendo hoxe a última xornada de visitas de alumnos. Os CEIPs que participaron na visita son Atín, Pena de Francia, Mestre Martínez Alonso e Petelos, cun total de 220 alumn@s dos cursos 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad