Sthela Táboas 30/09/2021

Tras superarse en Mos a fase aguda da pandemia, a normalidade regresa progresivamente á práctica deportiva municipal que se viu interrompida e mermada pola crise sanitaria da COVID-19

O Pavillón Óscar Pereiro amplía horarios e actividades tras superarse a fase aguda da pandemia. Así o informaron hoxe a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Deportes mosense, José Areal, quenes explicaban que “comezamos a retomar a normalidade agora que parece que quedou atrás a fase máis severa da crise sanitaria da COVID-19, xa que a veciñanza precisa recuperar as súas actividades deportivas habituais, que son altamente beneficiosas para os hábitos de vida saudables e para manter unha óptima saúde física e mental”.

Deste xeito anunciaron que comezan de novo os cursos de natación en todas as súas modalidades (ata o de agora só cabía a posibilidade de natación por libre), así como as clases de ximnasia de mantemento para maiores.

A Piscina Municipal amplía notablemente os seus horarios pasando a abrir tamén polas tardes e as fins de semana (ata o de agora abría polas mañás de luns a venres).

Por outra banda o ximnasio abre de novo as súas portas o público, que estiveron pechadas durante toda a crise sanitaria como medida preventiva ante a COVID-19. A partir de agora os usuarios do Pavillón Óscar Pereiro xa poderán adestrar na sala de máquinas que conta ademáis con novo material grazas a un convenio de colaboración entre o Concello e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. Concello de Mos e Secretaría Xeral para o Deporte, participaron conxuntamente neste proxecto de renovación de material deportivo en dotacións municipais co obxectivo de potenciar o deporte sendo conscientes da importancia da súa colaboración para afrontar melloras que beneficien ao conxunto dos cidadáns para a práctica deportiva. Para o Pavillón Óscar Pereiro adquiriuse unha nova máquina de musculación, banco, discos, material vario para natación, aquagym e waterpolo e outro tipo de material deportivo.

As persoas interesadas na práctica de calquera das actividades anteriormente descritas poden solicitar máis información, horario e prezos chamando ao teléfono do Pavillón Óscar Pereiro: 986 334 070.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad