Sthela Táboas 30/09/2021

Todos os grupos da corporación votaron a favor dunha moción de urxencia dunha axuda para La Palma, a excepción das dúas concelleiras de Esquerda Unida que argumentaron se trataba “dunha moción oportunista”

O Concello do Porriño celebrou onte a sesión ordinaria do Pleno de setembro, na que os socialistas describen ” volveuse a poñer de manifesto a unha táctica do Partido Popular e do seu líder Alejandro Lorenzo para chegar o poder. Entorpecer a acción do goberno sen importarlle as consecuencias de calqueira tipo que ese plantexamento teña para o noso pobo”.

Aclara o PSdeG Porriño que “esta táctica mediocre, escura e torpe non tería as mencionadas consecuencias se non fora pola inestimable e imprescindible colaboración de Eu Son (Esquerda Unida/Podemos). Para algúns canto peor lle vaia o pobo mellor lles vai a eles, é triste pero esta é a oposición que temos. Gracias a ésta colaboración quedaron enriba da mesa, é dicir para o próximo pleno algúns dos puntos presentados na orde do día”.

A conta xeral quedou para o próximo pleno “xa que o PP quere ter o inventario de bens municipais. Temos que dicir que se ben ten dereito a solicitar dito inventario, éste non foi aprobado polos gobernos nos que D. Alejandro Lorenzo foi concelleiro. O que amosa pola súa banda unha cara como o cemento armado. Máis se cabe cando a conta xeral da que falamos ten os informes favorables de servicio de Intervención. Non contento con esto o líder do PP amosa un absoluto desleixo hacia aqueles funcionarios que non avalan as súas téses, chegando no pleno de onte a ameazar a ditos funcionarios”, polo que “queremos amosar o noso recoñecemento ao traballo ben feito destes funcionarios”.

Outra cuestión ben importante que quedou enriba da mesa foi a proposta de dotar o capítulo I para cumplir coa Relación de Postos de Traballo -RPT- “O PP coas súas escuras maniobras tenta entorpecer o traballo de este goberno sin respectar os acordos entre os sindicatos e a Concellería de Persoal. Pero é que ademáis, votou a favor en pleno da única RPT negociada no Concello de O Porriño, co cal queda claramente demostrada a súa estratexia obstruccionista e falta de toda moralidade”.

Tampouco quixeron votar a favor de outra cuestión que emana dun acordo estatal entre os axentes sociais e o goberno central, como é o réxime de teletraballo a pesar de que tamén existía acordo entre sindicatos e o propio goberno”.

O que sí foi aprobado foi o expediente para a instalación dun supermercado na planta baixa do Mercado Municipal.

Pero “o mellor estaba por chegar” resalta a agrupación socialista, “presentouse por parte do grupo municipal do PSOE unha moción de urxencia, propoñendo unha achega de 20.000 € para axuda a illa da Palma”.

Como resultado “todos os grupos votaron a favor, a excepción de EU Son. A súa liña argumental foi que se trataba dunha moción oportunista. Señoras de EU Son se é oportunista, ¿cómo votan a favor da urxencia da presentación da mesma? ¿En qué cachola cabe votar en contra dunha achega absolutamente necesaria, pola desfeita que a natureza dun volcán está a levar a acabo na illa de La Palma? ¿Van doar os cartos do pleno de onte e da comisión informativa previa as familias da illa de a Palma? Despois de anunciar EU Son hai meses que non voltarían a asistir a ningún pleno ou comisión informativa mentres a alcaldesa non dimitise, seguen asistindo e cobrando por votar ‘Non mentres vostede non se vaia’, en alusión a Eva García de la Torre. Esta humilde agrupación ten unha pregunta….¿Van doar a organizacións humanitarias os cartos que cobran por non facer nada?”

Dende a Agrupación Socialista do Porriño lamentan que “onte volveuse a demostrar a absoluta baixeza moral na que se convirte en ocasións a política. Éste segue a ser o nivel”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad