Mónica Romero 28/09/2021

O PMUS é un documento que está sendo elaborado por técnicos competentes en materia de mobilidade que que será a guía de ruta das diferentes accións que o Concello realice no futuro

O Concello de Salvaterra de Miño arranca coa elaboración do seu Plan de Mobilidade Urbana Sostíbel (PMUS), unha ferramenta de planificación da mobilidade e que ten como obxectivos favorecer os desprazamentos e modos de transporte enerxéticamente máis eficiente; potenciar, consolidar e definir novos itinerarios peonís e en bicicleta, asegurando a seguridade das persoas;  mellorar a seguridade viaria e a accesibilidade…, en definitiva mellorar a calidade de vida dos nosos cidadáns na búsqueda dunha mobilidade o máis sustentable posible.

O PMUS é un documento que está sendo elaborado por técnicos competentes en materia de mobilidade que que será a guía de ruta das diferentes accións que o Concello realice no futuro, tendo como eixo fundamental a promoción da mobilidade a pé,  minimizar o impacto do tráfico rodado, accións en materia de seguridade viaria e a recuperación de espazos para as persoas, facendo do noso concello un municipio máis eficiente, ecolóxico, saudable e moderno

Con motivo da elaboración deste Plan durante estes días realizaranse diversas enquisas a pe de rúa e habilitarase un enlace para que todos os veciños e veciñas poidan facer as súas aportacións a través  https://forms.office.com/r/p8PTW9mF9do

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad