Sabela Landín 21/09/2021
EMPREGO DO CONCELLO DE MOS

O Programa Integrado de Emprego mosense encara a súa recta final que será o día 8 de novembro de 2021, acadando o 75% de inserción das persoas participantes

Desde o pasado novembro realizáronse un total de 26 accións formativas presenciais que suman 1.152 h de duración. A formación online ascende xa a 1.673 h

A Concelleira de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, Julia Loureiro, reuniuse coas técnicas do Programa Integrado de Emprego nunha xuntanza de avaliación dos resultados obtidos polo programa ata o de agora e de programación das próximas accións a levar a cabo desde o mesmo.

Os resultados cuantitativos do programa son moi positivos, xa que 75 das 100 persoas atendidas tiveron ou teñen un contrato laboral. Aínda así a inestabilidade do mercado laboral físoxe notar e  a xa coñecida como “Crise dos microchips” afectou seriamente ao sector da automoción, no que habitualmente temos altas porcentaxes de inserción.

Ademáis, ainda que a orde que regula o programa non o contempla como inserción, para nós é moi positivo o dato de que, a raíz das accións do programa integrado, 5 persoas retoman os seus estudios académicos na formación reglada. Dito feito mellora o seu pronóstico profesional , nun mercado laboral cada vez máis exixente e cualificado.

Co obxectivo de cualificar as persoas participantes impartíronse 26 accións formativas, que suman 1.151 h de formación presencial,  e 1.673 h de formación en liña.

Entre toda a formación, cabe destacar a impartición de 2 certificados de profesionalidade completos de Actividades Auxiliares de Almacén.

Outra das ferramentas empregadas para cualificar e insertar ás persoas participantes foi a sinatura de 11 convenios de prácticas en empresa, grazas os cuais 22 usuarios/as poideron realizar formación en empresa durante 2 semanas. Ditas prácticas derivaron nunha contratación directa en máis do 80% dos casos.

No relativo a resultados cualitativos cabe destacar á incorporación ao mercado laboral de varias persoas paradas de longa duración, persoas pertencentes a colectvos en risco de exclusión ou persoas na procura do seu primeiro Emprego. Actualmente o Concello de Mos ten solicitado á Consellería de Emprego e Igualdade unha nova subvención para poder desenvolver outro programa integrado para o periodo 2021 -2022.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad