Sthela Táboas 21/09/2021

Dende a bancada socialista din estar “moi alarmados ante o xeito pouco transparente de gobernar por parte do PP”

O procedemento para acceder a información que o PP de Mos ten instaurado, é o de solicitar por rexistro toda a información á que se quere ter acceso, tamén para @s concelleiros da oposición.

Estas solicitudes, apuntan dende o PSOE de Mos “en vez de pasar a mans do secretario municipal, como di o regulamento, pasa primeiro o filtro de alcaldía e secretaría de alcaldía. Tampouco se cumpren cos prazos establecidos por lei para entregar os expedientes solicitados”. Aínda así os socialistas din que “están dispostos a esperar máis dos 5 días establecidos para non interferir nas tarefas do funcionariado”.

O grupo de oposición mosense indica que fixo “diversas solicitudes de información, que en ningún caso implicou traballo a maiores de realización de informes nin tarefas especificas, tan só a localización da información e habilitar a oposición para ver os expedientes electrónicamente”.

Xa que o acceso a toda a información do Concello é un dos dereitos de tod@s @s concelleir@s “o Partido Popular coarta os nosos dereitos por ralentizar no tempo este acceso, provocando que a oposición se vexa na obriga de estar preguntándolle ao secretario pola evolución das súas peticións”.

A voceira socialista, VictoriaAlonso, di que “o que habitualmente acontece noutros concellos é que a oposición teña acceso libre a toda a información para levar a cabo a labor de fiscalización”; pola contra “a actual alcaldesa pretende criminalizarnos por solicitar información, cando preguntar é o noso cometido”. Remata engadindo que “esta falla de transparencia e traballar de xeito tan oscurantista tan so pode responder a unha falta de compromiso ca súa xestión; pois se estivese orgullosa, non limitaría o acceso a información”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad