Sthela Táboas 21/09/2021

Cun custe de 23.275 € repararase o pavimento de granito e sustituiranse as pezas en mal estado e non recuperables

O Concello de Mos inicia a reparación do pavimento do Camiño de Santiago ao seu paso polo Camiño da Rua, a través dunha subvención da Axencia de Turismo de Galicia , destinada a axudas para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago.

A reparación do pavimento de granito do Camiño de Santiago no Camiño da Rúa da Parroquia de Mos é unha necesidade urxente e moi necesaria, xa que debido ao paso dos anos, as infraestruturas foron deteriorándose, sobre todo co paso dos vehículos por esta zona. Con esta peatonalización e o arranxo das zonas danadas, quérese conseguir dotar de  valor o entorno do Pazo de Mos  e a preservación do Patrimonio nas mellores condicións posibles .

Os traballos, que ascenden a un total de consistirán na reparación, mediante a retirada das pezas en mal estado non recuperables, coa substitución por outras das mesmas cualidades, así como a reparación das soltas e movidas para acadar a seguridade idónea para o tránsito dos peregrinos, nunha lonxitude de 42 m.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad