Sabela Landín 21/09/2021
Carmela Silva

A presidenta da Deputación clausurou o Networking da Fundación Provigo sobre actividades empresariais vinculadas ás TIC e destacou o bo posicionamento da provincia ante a economía dixital e a necesidade de que “as mulleres se sumen á carreira dixital”

Carmela Silva puxo hoxe o foco no “enorme esforzo” que teñen realizado as grandes empresas da provincia por sumarse aos retos da transformación dixital, “que ten       que ser un dos grandes eixos transformadores do noso país”, e destacou o bo posicionamento acadado xa polo tecido empresarial, que xa ten “unha conciencia global” de que hai que apostar polas TIC diante da economía dixital. A presidenta da Deputación foi a encargada de clausurar a cuarta edición do Networking organizado pola Fundación Provigo, que nesta ocasión afondou nas actividades empresariais vinculadas ás TIC e no que participaron representantes dunha ducia de firmas da provincia.

“Na provincia e na cidade de Vigo, estamos á cabeza nos avances en tecnoloxía –subliñou – e temos todos os instrumentos para dar o salto cualitativo. O mundo da empresa está realmente concienciado do interese por introducir as novas tecnoloxías como un instrumento de eficiencia, eficacia, competitividade e tamén de internacionalización”. “Vivimos nun territorio moi industrializado –lembrou a presidenta- con grandes empresas que teñen realizado un enorme esforzo en novas tecnoloxías e iso irrádiase ao conxunto da empresa, incluíndo ás pequenas e medianas, e o mundo do emprendemento. Estamos mellor posicionados, pero o reto é que o cen por cen desas pemes poidan lograr avances relevantes en relación ás TIC. Estamos a apostar, polo tanto pola economía dixital, que non é o futuro, é xa o presente. Pero non hai futuro sen apostar por ela”. A todo elo axuda tamén a presencia na provincia da Universidade de Vigo, con titulacións de enxeñería “de altísimo nivel” .

Diante desta situación, Carmela Silva insistiu na necesidade da aliñación do sector público e o privado para “aproveitar os recursos de Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, dos Next Generation, que sitúan á dixitalización como unha das políticas panca” e pon enriba da mesa 4.900 millóns neste eido. E sinalou que neste reto é imprescindible contar coas mulleres: “Temos que facer que a metade do mundo se sume á carreira dixital”. 

Neste senso, amosou a súa preocupación polo descenso da matriculación feminina nas carreiras STEAM, “que son as que habilitan para ter competencias dixitais e para que poidamos liderar as mulleres ese proceso de cambio radical da economía, que vai ser dixital e verde ou non será”, e tamén pola escaseza de mulleres “aportando talento dixital” nas empresas, en especial na Intelixencia Artificial, “que ten un nesgo masculino tan marcado”. “Temos que tomar decisións –afirmou- para que a metade do mundo estea na economía dixital, para que esteamos vinculadas ás TIC e porque amais hai moitos produtos que nosoutras demandamos e o mercado non crea porque non teñen en conta as demandas das mulleres. Incluso para beneficio das empresas, que nazan novos produtos é algo que ten que estar na axenda das TIC, da dixitalización e das novas tecnoloxías”.

A presidenta da Deputación lembrou a aposta da institución provincial por favorecer a implementación das TIC nas pemes da provincia a través do programa de asesoramento dixital Smartpeme, posto en marcha no ano 2016 e que desde entón contou coa participación de 6.363 empresas, realizou máis de 10.000 asesoramentos, máis de 1.600 actividades de capacitación e tivo 17.150 persoas asistentes, “o que fala de que cando lle ofertamos á empresa a posibilidade de ter instrumentos para formarse e introducir as TIC no negocio a resposta é potentísima”. “España –concluíu- ten un camiño moi avanzado, somos líderes no 5.0 e iso nos vai permitir dar saltos cualitativos moi importantes. Témonos que sentir orgullosos que no sector privado se están a producir grandes avances”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad