Sthela Táboas 20/09/2021

Os primeiros clasificados para a final que se xogará o 2 de outubro son, por unha banda Paula e María que se clasificaron na primeira quenda, e Alex Ocampo e David Táboas na segunda

A Concellería de Festexos e a OMIX do Concello de Porriño, coa produción de “Especialistas Hípica Celta”,  organizan esta nova proposta de lecer que se desenvolve na programación das Festas do Cristo, na que esta fin de semana se  clasificaron as dúas primeiras parellas nas probas de eliminación, para acceder á final do concurso Trivium Porriño, que terá lugar o sábado 2 de outubro.

Nas dúas eliminatorias celebradas sábado e domingo participaron oito parellas, que xogaron no escenario habilitado para tal fin no parque do Cristo. Na primeira quenda as gañadoras foron Paula e María e, na quenda seguinte, os gañadores foron Alex Ocampo e David Táboas.

Os vindeiros días 24 e 25 celebraranse as dúas seguintes quendas, coa participación doutras 8 parellas inscritas neste certame e que outorgará premios para consumir no comercio e na hostalería locais. A parella gañadora levarase 300 €, para; a segunda 200 € e 100 € para a terceira.

“Trivium Porriño” é  un xogo similar ao “Trivial” pero personalizado na nosa vila para por a proba o grao de coñecemento que os participantes teñen sobre O Porriño. Preparáronse 1.500 preguntas sobre o municipio relativas á historia, xeografía, ciencia e natureza, arte e literatura, deportes e entretemento.

“A infografía do xogo vai centrada no Pan do Porriño e na súa receita, como referencia á nova meta acadada coa concesión da Marca Protexida  Pan do Porriño” segundo sinalou a concelleira responsable, Cami Moreira.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad