C21 solicita a correcta sinalización do Camiño de Santiago ante o masivo desvío de peregrinos.Os camiñantes proseguen pola Avda de Portugal en vez de tomar a ruta auténtica
O Concelleiro de Converxencia 21, José Palacín, acaba de introducir por rexistro de entrada a petición de que se sinalice de forma correcta o Camiño Xacobeo na Avda de Portugal.
Segundo os liberais, esta ocorrendo que moitísimos peregrinos están a seguir unha ruta errada por culpa dunha sinalización deficiente, e por enriba porque a escasa que existe, atópase tapada por unha árbore.
O punto en concreto onde se producen estes desvíos non desexados, e que desvirtúan a ruta Xacobea do Camiño Portugués, atópase na Avda de Portugal, concretamente no cruce desta vía con Rúa Tenencia e ca Estrada PO–552 que conduce a A Guarda.
Debido a que non existe unha sinalización clara e adecuada nese punto, os peregrinos que veñen de Portugal continúan recto, pola Rúa Martínez Padín, en vez de coller a ruta correcta por Rúa Tenencia e polo tanto, cara a zona fluvial.
Isto, ademais de estragar o camiño aos peregrinos, pode supor que estes pasen de largo, sen decatarse da monumentalidade de Tui ao circular pola zona nova da cidade.
Polo tanto, o Partido da Oposición solicita a xestión inmediata das sinais preceptivas para que non se dea lugar a equívoco, recordando tamén ao Goberno Local as promesas incumpridas polo Executivo Socialista no Goberno Central ao respecto da remodelación desta zona, que cada vez sofre unha maior degradación, e que resulta indigna tanto da Ruta Xacobea como dun paso fronteirizo de dous países comunitarios.