Mónica Romero 17/09/2021

O Concello de Salvaterra de Miño ven de adxudicar por máis de 43.000,00 € as obras de saneamento en Poza, Arras e Monte da Bouza, na Parroquia de Cabreira

Este grupo de goberno ven facendo nos últimos anos un forte esforzo inversor para mellorar e ampliar a rede de  saneamento, e dentro desta liña de traballo, o Concello de Salvaterra ven de adxudicar as obras de saneamento nos barrios da Poza, Arras e Monte da Bouza, na parroquia de Cabreira por un importe superior aos 43.000,00€ a través do Plan Concellos da Deputación Provincial.

As obras incluídas neste proxecto consisten na construción de varios tramos de colector de saneamento coa canalización de tuberías de PVC e todas as actuacións complementarias: escavacións, pozos e reposicións.

En total prevese executar 436 metros de tubería de PVC de 250mm de diámetro nominal. Os tramos a executar desembocarán en colectores existentes, polo que as vivendas poderanse conectar á rede de saneamento actual, unha vez rematada a obra.

Nos puntos necesarios, tales como cambios de dirección, conexións con outros colectores e conexións con acometidas domiciliarias, instalaranse pozos de rexistro, que facilitarán tamén as labores de limpeza dos colectores

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad