Sabela Landín 17/09/2021
Xacemento Castro de Pereiras

Esta semana  tivo lugar no local Social e Veciñal de  Pereiras a presentación  á Corporación Local encabezada pola alcaldesa Nidia Arévalo,  do proxecto de actuación das sondaxes valorativas do lugar precisamente denominado  Os Castros, nas inmediacións do local social e veciñal.

Este lugar xa esta inventariado en Patrimonio como Castro, pero non existe nin documentación nin estudio que o avale.

A empresa Tempos arqueólogos S.L, foi a que elaborou este  proxecto  e será a encargada de realizar as prospeccións nos terreos que rodean o local social.

Neste reunión se fixo unha explicación do contexto patrimonial e historia da zona, a metodoloxía a empregar e os obxectivos que se pretender acadar con esta obra.

A obra está prevista que comece o 20 de setembro e que dure ata o 1 de outubro.

Estas sondaxes valorativas pretenden dar resposta ao reclamo da veciñanza, por saber se ahí estivo un xacemento denominado “Castro de Pereiras” e si fóra así, coñecelo e divúlgalo.

Aproveitando a ocasión, a comunidade de Montes, a Asociación de Veciños Nosa Terra e o Concello, invitarán aos centros educativos para que sexan partícipes de estas escavacións, e esta invitación se extenderá a tódalas asociacións e persoas que así as queiran visitar.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad