Sthela Táboas 16/09/2021

A iniciativa, enmarcada na programación cultural do Xacobeo, ten como obxectivo impulsar a recuperación da actividade das bandas na Comunidade

O ciclo “O País das Bandas”, promovido pola Xunta de Galicia e a Federación Galega de Bandas de Música Populares no marco da programación cultural do Xacobeo 21-22, chega o sábado a Nigrán, cun concerto ás 19,00 h da Agrupación Musical de Belesar, procedente de Baiona.

A formación musical ten a súa orixe en 1997, cando o seu actual director, Javier Domínguez Millán, comeza a impartir música como actividade extraescolar no Colexio Público de Belesar. Un ano máis tarde sería a presentación oficial da agrupación. Na actualidade conta cunha escola de música que forma a uns 50 alumnos.

O repertorio previsto para o sábado inclúe as pezas “Cantigas e agarimos”, “Memoria de Gallaecia”, “Olimpo dos celtas” e “Airiños aires”. Soarán tamén “Santana a portrait”, “Agárrate saxo”, “Santa Comba”, “Pepa”, “Feiticeira” e “El gato montés”.

O “País das Bandas” arrincou o pasado 1 de xullo e percorrerá Galicia ata o 19 de setembro con case un cento de concertos a cargo de 77 agrupacións que suman máis de 3600 músicos. O obxectivo é impulsar a recuperación da actividade das bandas na Comunidade, como grandes depositarias da tradición  musical galega.

A iniciativa desenvólvese ao abeiro do acordo asinado o pasado maio entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Federación de Bandas, mediante o que a Xunta cuadriplicou a súa colaboración con este colectivo, cunha achega de 400.000 €.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad