O detido de 35 anos tamén ameazou e tentou atacar a un grupo de persoas que lle recriminaron os destrozos e aos axentes cando foi detido
Os feitos aconteceron na madrugada do sábado 11 de setembro, cando varias chamadas de veciños alertaron a Policía Local do Porriño de que un individuo estaba a causar danos no mobiliario urbano da vila.
Os danos provocados foron tanto de carácter público en papeleiras, xardineiras e nun parque infantil; como en mobiliario privado, xa que tamén actuou contra cadeiras e mesas dun establecemento de hostalería.
Ademáis, tamén ameazou e tentou atacar a un grupo de persoas que lle reprocharon o seu comportamento.
Os axentes localizaron a este individuo de 35 anos na rúa Pío XII, cuxa identidade responde ás iniciais S.C., sendo detido cando ameazou e tentou agredir tamén aos policías amosando un comportamento moi agresivo e ameazante en todo momento, tal como indica a Policía Local na súa conta de Twitter.
O presunto causante, foi acusado de delitos de danos materiais e de atentado e ameazas, sendo posto a disposición xudicial e quedando en liberdade con cargos.