Mónica Romero 14/09/2021

A Deputación tamén participa na Feira Internacional da Industria e Tecnoloxías do Metal a través dos stands dos programas “Tecnolóxicas” e “Smartpeme”

“Mindtech vai ser o pistoletazo de saída da política industrial, da economía, da creación de emprego e temos que estar na primeira liña de saída desta carreira de futuro que hoxe comeza aquí”. A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, destacou hoxe na apertura da Feira Internacional da Industria e Tecnoloxías do Metal (Mindtech) no Ifevi que “a celebración deste potente evento en Vigo, na provincia de Pontevedra, en Galicia” sitúa ao territorio nun lugar estratéxico para falar do avance tecnolóxico vinculado ao sector do metal e da ansiada recuperación económica. “Temos unha grande potencia e temos que seguir a apostar por ser unha grande referencia mundial, e iso vai ocorrer aquí”, dixo.

Para elo, como destacou Carmela Silva, son fundamentais “as sinerxías que hai que xerar entre o conxunto das administracións públicas e o sector privado, e máis neste momento, onde vai haber máis recursos públicos que nunca a través dos fondos europeos dos Next Generation que está a xestionar o Goberno de España e que van permitir que poidamos ter financiación para facer a transformación económica que necesitamos”. “A política industrial –engadiu- é fundamental para avanzar cando estamos en bos momentos económicos e para resistir cando son peores. Polo tanto, temos que que apostar e dedicar recursos económicos públicos e privados a esa industria que xera coñecemento, tecnoloxía, innovación e investigación. E desde logo o sector do metal é un dos que se ten construído a través deses novos instrumentos de crecemento”.

Xunto a este factor clave, a presidenta provincial citou tamén a sostibilidade e a igualdade. No primeiro caso, “porque o noso planeta reclámanos que os investimentos que fagamos teñan en conta que o temos que conservar e recuperar” e, no eido da igualdade, lembrou que “a sociedade e a economía non poden perder ese potencial e talentazo que aportamos as mulleres, a metade do mundo”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad