Mónica Romero 13/09/2021

Foi doada pola familia Ramos-Vieiro á ATUCA, que supervisou o replante xunto coa SEC

Nos Xardíns de Troncoso, no Paseo Familia Álvarez Blázquez, foi transplantada estes días unha camelia xapónica, Leonardo da Vinci, que foi cedida pola familia Ramos-Vieiro á Asociación Amigos Tudenses da Camelia, ATUCA.

Este exemplar, duns 35 anos, foi trasladado dende Santiago até Tui e o transplante aos Xardíns de Troncoso foi realizado o pasado xoves baixo a dirección de ATUCA e da Sociedade Española da Camelia, SEC, coa colaboración do Concello de Tui.

Esta actuación forma parte dos primeiros pasos que se están a dar dende Tui para incorporar ao municipio á Ruta da Camelia. Precisamente a plantación de camelias de variedades galegas e portuguesas recóllese no anteproxecto para a recuperación da Alameda de San Domingos realizado pola arquitecta María Fandiño. Este proxecto será remitido á comisión do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico, PEPCHA, xa que tras a solicitude de informe previo a Camiño de Santiago, foi devolvo sen informar alegando que ao estar aprobado o PEPCHA debe ser levado xa a esta comisión.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad