Sthela Táboas 13/09/2021

O programa de asesoramento tecnolóxico da Deputación oferta cursos sobre márketing social, Google Search Console e dominios web

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, ofertaesta semanatresnovas accións formativas impartidas de xeito online, da carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobreas estratexias dixitais do márketing social, como mellorar o posicionamentoweb con Google Search Console e a contratación e renovación de dominios web.

En concreto, este martes 14 impartirase o obradoiro“Márketing social: estratexias dixitais para entidades do terceiro sector”, no que o licenciado en Comunicación Audiovisual, Adrián Fernández,revisará as principais estratexias en liña, ferramentas e canles dispoñibles para funcionar no contorno dixital, atendendo aos principais obxectivos e necesidades de cada negocio.

O mércores 15, María Aller, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, impartirá “Mellora o teu posicionamento web con Google Search Console”, obradoiro no que explicará en que consiste esta ferramenta, os primeiros pasos para configurala, como mellorar os aspectos de procura e aumentar o tráfico dunha páxina web e outras funcións importantes para a súa optimización.

Para finalizar, o xoves 16, “Aspectos chave para contratar e renovar o dominio da túa web I”, onde Guillermo Nass, deseñador gráfico publicitario do Colexio Universitario Monseñor de Talavera, falará sobre que é un dominio, como pode adaptarse ás necesidades dun negocio, como aloxalos en internet, a súa tipoloxía e a súa transferencia e renovación

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad