Sthela Táboas 13/09/2021

O servizo de atención posto en marcha co apoio da Deputación, realízase cunha psicóloga e unha traballadora social que atenden a preto de medio cento de persoas, boa parte delas menores

O Gabinete de Atención Psicolóxica á veciñanza de Salceda de Caselas vén de cumprir un ano despois de ser creado polo Concello en xullo de 2020 co apoio económico da Deputación. O deputado Santos Héctor, acompañado da alcaldesa, Verónica Tourón, visitou hoxe as instalacións que o servizo estreou no Centro municipal de Servizos Sociais na rúa Coruña. Na visita participaron tamén a tenente de alcalde, Loli Castiñeira; a concelleira Gela Ledo e a psicóloga e a traballadora social do gabinete.

O proxecto supuxo un investimento de 10.925€ financiados a través do Plan Concellos e permitiu dar resposta á necesidade dun servizo de apoio psicolóxico para a veciñanza, ademais de poñer en marcha unha escola de familias para o apoio na educación de crianzas e adolescentes. Ademais, o Gabinete ocupouse de realizar un labor preventivo en saúde mental a través de charlas informativas para a poboación en xeral e o alumnado. O novo servizo naceu dende a coordinación a partir con outros servizos municipais e a partir doutros programas anteriores como o Gabinete de Atención Temperá, o programa “Cultiva a Mente” e o II Plan Municipal de Igualdade. A día de hoxe conta con 49 persoas usuarias, das que a metade son menores.

A acollida das persoas usuarias no servizo de apoio psicolóxico realízase a partir da derivación por parte do profesional de referencia. Durante a pandemia logrouse manter a prestación e habilitouse a posibilidade de solicitude telemática. En canto ás escolas de familia funcionaron en coordinación cos centros escolares e de xeito grupal. Finalmente, as charlas, terceiro eixe da actividade do Gabinete, abordaron temas como os hábitos de vida saudables, a prevención das drogodependencias e outras condutas aditivas, prevención do acoso escolar, do suicidio e outras temáticas de interese.

O apoio da Deputación permitiu, ademais da posta en marcha, a dotación dos  medios necesarios, como o equipamento informático, teléfonos móbiles e material básico de oficina. O Concello, pola súa banda, achegou o local. A xestión realizouse en colaboración coa asociación Avelaíña, que xa viña traballando neste eido. O horario de atención ao público cinguiuse ás mañás dos luns e tardes dos xoves para a atención psicolóxica, con periodicidade quincenal e en horario de tarde para a escola de familias e as charlas informativas con previa demanda.O Concello de Salceda xa tiña detectado a conveniencia de prestar este servizo de xeito integral para toda a veciñanza, pero a decisión reforzouse a partir da pandemia.

O Gabinete de Atención Psicolóxica foi financiado a través da Liña 2 do Plan Concellos, destinada ao gasto derivado de realización de actividades culturais, sociais, deportivas ou turísticas, aínda que tamén permite cubrir débedas municipais con provedores ou entidades financeiras, e, ademais, o financiamento de liñas de axudas municipais para axudar aos sectores afectados pola pandemia. Durante o ano pasado, a Liña 2 permitiu financiar 164 iniciativas municipais por un importe próximo aos 2,8 millóns de euros, das que 109 se corresponderon con actividades culturais, sociais ou deportivas.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad