Mónica Romero 11/09/2021

Takatum, Magín Blanco e a Banda das Apertas e La Duendeneta actuarán mañá sábado en Tui e Káustika e o Pulpiño Viascón en Valença

Hoxe sábado, 11 de setembro, o MUMI 2021 despídese na Eurocidade Tui-Valença cunha xornada de programación aberta ao público. Animación nas rúas para público familiar na Praza de San Fernando de Tui e na Fortaleza de Valença, showcase da banda portuguesa KÁUSTIKA, música na Corredoira de Tui con “La Duendeneta” e concerto de clausura con Galandum Galundaina + Uxía no Teatro Municipal de Tui.

O MUMI 2021 contará para a súa clausura cun concerto dobre protagonizado por dúas das propostas musicais de maior renome a ambas beiras do Miño: a banda portuguesa Galandum Galundaina e a artista galega Uxía. Será hoxe sábado 11 no Teatro Municipal de Tui (22:00 GZ/ 21:00 PT).

A asociación cultural Elogio Vádio, asóciase ao MUMI facendo unhaa extension do festival Mel – piquenique das artes (Vila Nova de Famalicão), apoiando o concerto de clausura. Considerado como un dos proxectos musicais máis relevantes no contexto folk de Portugal durante os últimos vinte e cinco anos, Galandum Galundaina construíu un espazo no que o pasado e o futuro da música arraiana van da man. A formación, considerada a embaixadora da música das Terras de Miranda, desenvolve un traballo de investigación ao redor dos instrumentos tradicionais -extraordinario no caso da gaita de fol mirandesa pero tamén en aparellos sonoros de construción propia- así como de promoción cultural, coa organización de eventos como o Festival itinerante de cultura tradicional “L Burro i l Gueiteiro.

Pola súa parte, Uxía é unha das maiores embaixadoras da música e a poesía galegas. Nos seus máis de 35 anos de carreira artística renovou a música tradicional galega conectándoa coas culturas atlánticas, combinando alalás con morna, fado ou ritmos brasileiros. Algúns dos temas máis recorrentes que explora nos seus traballos son a busca dun espazo para a voz da muller, o diálogo entre culturas, a poesía contemporánea galega e portuguesa e a defensa da identidade lingüística.

Todos os showcases e concertos abertos ao público teñen entrada libre por orde de chegada con recollida de datos das persoas asistentes.

O MUMI está patrocinado pola Eurocidade Tui-Valença a través do proxecto Unicidade. Tamén apoian o MUMI 2021 a Direção Regional de Cultura do Norte e a Xunta de Galicia así como a Fundação GDA, Fundación SGAE, Deputación de Pontevedra, Bodegas Martín Códax, Gadis e Mel: Piquenique das artes!

Programación sábado, 11 de setembro

  • 12:00 GZ /11:00 PT SHOWCASE. TAKATUM presenta Ah!Ah!Ah! Praza de San Fernando (Tui)
  • 12.45 GZ /11:45 PT SHOWCASE MAGÍN BLANCO E A BANDA DAS APERTAS. Praza de San Fernando (Tui)
  • 16:00 GZ /15:00 PT SHOWCASE KÁUSTIKA. Fortaleça (Valença)
  • 16:45 GZ / 15:45 PT SHOWCASE.  Pulpiño Viascón. Fortaleça (Valença)
  • 19:00 GZ / 18:00 PT  La Duendeneta: Os Camiños das Músicas Galegas. Paseo da Corredoira (Tui)
  • 22:00 GZ / 21:00 PT Galandum Galundaina + Uxía. Concerto de clausura. Teatro Municipal de Tui

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad