Sthela Táboas 10/09/2021

A consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda levouna onte ao Consello da Xunta para a súa declaración

A Área Rexurbe tamén inclúe ao paseo da Corredoira e ás rúas Bispo Lago e Martínez Padín

Un total de 135.000 m2 do Conxunto Histórico de Tui, e tamén do paseo da Corredoira e das rúas Bispo Lago e Martínez Padín, forman parte da nova Área Rexurbe que a consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda levou hoxe ao Consello da Xunta para a súa declaración.

É unha figura prevista na Lei 1/2019, do 22 abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia, para impulsar a revitalización integral das zonas ou ámbitos con edificacións máis degradadas ou en declive socioeconómico.Até o de agora en toda Galicia só Mondoñedo, A Coruña e Ribadaviaformaban parte dunha Área Rexurbe.

Segundo o informe realizado polo Concello de Tui para xustificar a súa aprobación, hai identificados máis de 360 edificios nas zonas de actuación da Área Rexurbe, dos cales 67 presentan un estado ruinoso. Ademais, nesta área (centro histórico, Corredoira,  Bispo Lago e MartínezPadín) residen ao redor de 1.900 persoas, unha poboación bastante envellecida, xa que case a cuarta parte supera os 65 anos.

A decisión da Xunta de declarar a Área Rexurbena cidade de Tui, ademais de promover a rehabilitación de edificios, tamén busca que se leven a cabo iniciativas de dinamización social, demográfica e económica.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, cualificou esta declaración como unha magnífica noticia e asegurou que “é unha cuestión na que levamos traballando dende case o inicio da lexislatura xa que consideramos fundamental que Tui, co centro histórico que posúe, estivera dentro dunha Área Rexurbe”. Indicaba o alcalde que “Tui xa estaba nun Programa Rexurbe de rehabilitación pero a través desta declaración conséguese actuar nun ámbito moito máis extenso e no que ademais da rehabilitación de edificios, establecerase un proxecto socioeconómico para as diferentes zonas do municipio incluidas na Área Rexurbe”.

De igual xeito, o alcalde tamén referíase ao importante esforzo que terá que asumir o Concello de Tui tras a declaración da Área Rexurbe, xa que van ser necesarios un maior número de medios persoais, técnicos e máis recursos financeiros para levar a cabo este ambicioso proxecto que cualificou como “o principio do rexurdir do noso patrimonio histórico”. Tras a súa declaración hoxe e unha vez publíquese no DOG, o seguinte paso para o  Concello de Tui será empezar a traballar no plan de dinamización da súa Área Rexurbe, planificando as actuacións que se van desenvolver nos vindeiros anos.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad