Sthela Táboas 10/09/2021

Uns 250 participantes terán que superar este sábado un conxunto de probas que tratan de probar a capacidade de resistencia, de navegación e de supervivencia dos equipos; combinando trekking, orientación específica, kaiak e bicicleta

Un total de 50 equipos formados por 3-5 persoas cada ún, dependendo da categoría, participarán mañá a partir das 9 h na Eurocidade no 6º Budiño Raid Eurocidade, 4ª e última proba da Liga Galega de Raids de Orientación 2021 e Cto. Galego da disciplina. O evento foi presentado esta mañá na casa do Concello de Tui e está organizado pola Asociación Deportiva A Forna de Budiño, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença, e subvencionado polo programa UNICIDADE Interreg España-Portugal.

O Raid é unha competición multidisciplinar destinada a probar a capacidade de resistencia, de navegación e de supervivencia dos equipos en completa autonomía. Trátase dun raid de longa duración cun percorrido, descoñecido previamente polos participantes, duns 85 km de distancia nunha etapa de 5 sectores, para un tempo máximo de carreira de 10 h. A proba comezará dende a rúa Olímpicos Tudenses, nos arredores do Centro Interfederado de Tui, e contará con 4 modalidades: trekking, orientación específica, kaiak e bicicleta.

A organización entregará aos participantes unha serie de mapas da zona moi elaborados cos diferentes percorridos a realizar. Un traballo cartográfico feito a man onde se introducen manualmente os diferentes camiños e indícase a ciclabilidade de cada un.

Na presentación do evento esta mañá,  o director da Asociación A Forna de Budiño, José Cabaleiro, e os técnicos, Carlos Amil e Marcos Lago, ofreceron todos os detalles sobre esta competición e agradeceron o apoio recibido das administracións que colaboran para a súa celebración, especialmente ao Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença.

Pola súa banda, o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro; o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez; e o vereador de Deporte de Valença, Mario Rui Oliveira, defenderon este tipo de competicións como unha mostra máis do traballo conxunto que se fai dende a Eurocidade Tui-Valença, e animaron a tudenses e valencianos a acudir mañá, á hora do inicio do campionato, aos exteriores do Centro Interfederado de Tui para coñecer como se desenvolven este tipo de probas deportivas. Ás saídas e a entrega de mapas faranse de xeito ordenado e organizado en cumprimento do protocolo de prevención fronte a covid. O centro de competición, na Rúa Olímpicos Tudenses, estará pechado ó tráfico o día da proba e non estará permitido estacionar na zona acoutada nin na estrada de acceso.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad