Sthela Táboas 10/09/2021

Cami Moreira reclamou a “necesidade de socializar” na presentación das Festas do Cristo 2021

A concelleira de Cultura e Festas do Porriño, Cami Moreira, presentou esta mañán o programa oficial das Festas do cristo 2021, afirmando que “necesitamos festas, con serenidade, e socialización, dentro dos límites dos protocolos sanitarios”.

Os festexos das festa grande do Porriño comezan esta noite, coa celebración da carreira ciclista “A Nocturna” e, na fin de semana coa feira de oportunidades “Merca na rúa”.

As Festas do Cristo 2021 concluirán o domingo 3 de outubro coa celebración da XXVIII Festa dos Callos, na que participarán preto de trinta establecementos de hostalería, cun prezo de 7 € por ración -inclúe o pan e a cazola de recordo-.

Na presentación Moreira dixo que neste segundo ano de celebración en pandemia, coa experiencia adquirida “tod@s necesitamos vivir unha normalidade, particularmente que os nen@s tamén vexan esa normalidade”.

En canto ao programa, a concelleira destacou a celebración de numerosos eventos ao aire libre, ata en seis lugares diferentes. Serán a Praza do Concello, o Parque do Cristo, San Sebastián, o auditorio ao aire libre do Centro Cultural Municipal, a carpa instalada na explanada de Roxy e, finalmente, o aparcadoiro do velódromo municipal que albergará unha sesión de auto-cine coa proxección das curtas finalistas no último Festival de Cans.

Entre as actuacións musicais que están programadas, Cami Moreira destacou a presenza o domingo 26, do grupo de cantareiras “As Tanxugueiras”, de máxima relevancia por ser as que lideran coa súa canción “Figa”, os votos dos seguidores a representar España no Festival de Eurovisión 2022.

Entre as novidades do programa, Cami Moreira destacou o “Trivium Porriño”, un xogo inspirado no “Trivial” sobre o municipio que poñerá a proba o coñecemento sobre O Porriño, das parellas que participen nas sucesivas eliminacións que comezarán o domingo 19.

Finalmente, a concelleira anunciou que haberá uns pregoeiros moi especiais: Antonio Palacios e Corona Gónzalez, encarnados polos actores que interpretan a ambos personaxes nas visitas guiadas adicadas ao arquitecto porriñés durante este ano 2021. O acto do pregón será o sábado 25, ás 13.00 h, no que suporá o inicio da Semana Grande das Festas, que inclúe o festivo local do luns 27 e que rematará o domingo 3 de outubro, co “Recristo”. 

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad