Sthela Táboas 10/09/2021

Está organizado polo Valença Hoquei Clube en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença

Dende hoxe venres, 10 de setembro, e ata este domingo, 12 de setembro, celébrase o 7º Torneo Eurocidade de Hoquei, nas categorías sénior, escolares, sub13 e sub15, no pavillón deportivo municipal de Valença. Está organizado polo Valença Hoquei Clube, coa colaboración da Eurocidade Tui-Valença, subvencionado polo programa UNICIDADE Interreg España-Portugal.

Na categoría sénior, hoxe venres, ás 21.30 h, enfrontaranse o Saint-Omer Rink Hockey francés contra o HC Braga, e ás 23.00 h, o Valença HC contra o equipo Dominicos da Coruña. Mañá sábado, ás 17.00 h, celebrarase o partido polo 3º e 4º posto, e ás 18.30 h a final.

O domingo 12, entre as 10.00 e 20.00 h, celebraranse os partidos das categorías base, participando equipos do Valença Hoquei Clube, FC Porto, Riba D’Ave, Juventud de Viana, Campo Barcelos, HC Monçao e os equipos de Vigo Traviesas HC e Hoquei Clube Cíes.

O prezo da entrada para os partidos da categoría sénior é de 2,50 € por día, sendo gratuito para menores de 10 anos. A entrada na xornada do domingo, nos partidos das categorías de base, será gratuita.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad