Sthela Táboas 08/09/2021

Comeza agora o proceso de valoración de plicas para a adxudicación da realización das obras do proxecto de humanización

Este mediodía reuniuse a mesa de contratación que decidirá o proceso de licitación e adxudicación do proxecto de humanización da rúa Manuel Rodríguez, no barrio de San Benito.

O Concello do Porriño informou hoxe de que media ducia de empresas presentaron as ofertas que agora serán valoradas polos técnicos municipais. No prazo de entre 2-3 semanas, a mesa volverase reunir para coñecer as valoracións técnicas e as ofertas económicas.

O proxecto de humanización contempla unha actuación no tramo desa rúa, entre a confluencia coa rúa Xogo da Ola e a praza de San Sebastián.

As obras consistirán no levantamento do pavimento, tanto na calzada coma nas beirarrúas; renovación das redes pluviais e fecais; renovación da rede de alumeado público; renovación da rede de abastecemento; preinstalación para as telecomunicacións e a rede de baixa tensión; nova pavimentación en granito e mobiliario e renovación da zona de xardíns.

O proxecto ten un orzamento de 391.322,95 € mais o IVE do 21% correspondente. A obra será financiada cunha subvención do Plan Concellos 2021 da Deputación Provincial.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad