Sthela Táboas 08/09/2021

A remodelación adxudicada a empresa tudense Ronáutica Quality Marinas S.L por un importe de 47.884.30 €, con cargo a fondos europeos, forma parte do proxecto “Río Miño: un destino navegable” e permitirá o atraque de barcos turísticos

O Pantalán de Pescadores de Tui, situado nas inmediacións do Centro Interfederado de Tui, na desembocadura do río Tripes, vai ser reacondicionado e remodelado dentro do proxecto “Río Miño: un destino navegable”, aprobado polo programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP). As obras foron adxudicadas a empresa tudense Ronáutica Quality Marinas S.L por un importe de 47.884.30 €.

Esta remodelación anunciada polo Concello de Tui permitirá o uso compartido desta infraestructura para o atraque de barcos turísticos que naveguen polo Miño, dos pescadores e particulares que utilizan actualmente este pantalán como punto de amarre.

As actuacións previstas dentro deste Programa farán posible posicionar ao río Miño transfronteirizo como un destino turístico de referencia, potenciando actividades de turismos sostible como rutas polo río que inclúan visitas a distintos puntos das beiras do Miño. Para acadar estes obxectivos faise imprescindible a mellora da navegabilidade neste tramo, para o que,  ademais doutra serie de actuacións, é necesario instalar pantaláns de atraque que faciliten o acceso ás diferentes zonas que se propón visitar.

Os traballos previstos contemplan a substitución do chan de madeira existente no pantalán por un piso de composite, a substitución da pasarela existente por unha nova máis ancha, e o cambio da plataforma  de acceso actualmente en terra por unha estrutura de aluminio con piso de composite. Ademais, tamén levarase a cabo o recrecido dunha das patas do tramo fixo, a substitución do portalón existente por un situado no tramo fixo de acceso, e a montaxe dunha peza de conexión co pantalán, en forma de T baixo a pasarela e o atraque.

Con esta remodelación tamén se dotará de mobiliario a zona,  instalando  dous bancos de 1,8 m de lonxitude e unha pérgola de 4×2 m2 con estrutura de perfís de aluminio, encostados ao muro traseiro, e lamas de aluminio orientables mediante un dispositivo manual. Amáis colocarase un cartel indicativo de madeira serigrafiado de 1,60×1,0 m, e instalaranse duas flechas sinalizadoras nas cercanías deste pantalán.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad