Sthela Táboas 08/09/2021

A feira de oportunidades, con 26 postos ubicados na rúa peonil do Porriño, ofrecerá descontos dende o 50% ate o 70% nunha gran variedade de produtos

O concelleiro de Comercio do Porriño, Sergio Casal, xunto a xerente da Asociación de Comerciantes do Porriño -ACIPOR-, Noelia Conde, presentaron hoxe a edición número 24 da feira de oportunidades “Merca na rúa”; que terá lugar a vindeira fin de semana do sábado 11 e domingo 12 de setembro, coa colaboración do Concello do Porriño.

A feira de oportunidades contará con 26 postos de venda, colocados na zona peonil, cunha ampla representación de sectores e produtos “desde roupa e calzado ata lencería, mercería, óptica e accesorios. E con descontos do 50, 60 e ata o 70%” segundo indicou a xerente de ACIPOR.

Sergio Casal chamou “a toda a veciñanza porriñesa a acudir, participar e mercar porque fai falla o noso máximo apoio ao comercio local neste intre de dificultades”.

Os organizadores anunciaron que os postos de venda estarán abertos o sábado 11, entre as 10:00 e as 21:00 h; e o domingo 12, entre as 11:00 e as 20:30 h.

Anunciaron que tamén haberá actividades de entretemento e de lecer para cativos, cun parque de hinchables, xogos populares, títeres e personaxes de Disney. 

Na presentación desta 24 edición tamén se lembrou que, neste ano 2021, non houbo feira en primaveira debido ás restricións pola pandemia. 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad