José Docampo 02/09/2021

A Plataforma ‘A Auga é Vida’ fai un chamamento a toda a veciñanza para que exprese o seu rexeitamento á construción dun centro comercial en Tameiga. As persoas que desexen sumarse á mobilización poden pedir unha bandeira nas Pedriñas, en horario de oficina, de forma totalmente gratuíta.

A Vuelta a España chega a próxima fin de semana ao Castro de Herville precedida por unha intensa campaña publicitaria organizada dende o Concello de Mos. A plataforma ‘A Auga é Vida’ comparte a preocupación de boa parte da cidadanía, que reclama máis transparencia en torno aos gastos derivados da chegada da etapa e teme que o evento se convirta, tal como aconteceu o ano pasado, nun acto de propaganda personalista en torno á figura da alcaldesa. Precisamente por este motivo, a dirección do movemento en defensa do monte e a auga quere convidar a toda a veciñanza a expresar o seu rexeitamento, durante a retransmisión da carreira, á operación urbanística promovida por Nidia Arévalo e o presidente do R.C. Celta, Carlos Mouriño, no monte común de Tameiga.

Ante todo, a plataforma quere facer un chamamento á responsabilidade para que a mobilización do próximo sábado, 4 de setembro, se realice dende o máximo respecto ao desenvolvemento da competición deportiva e cumprindo con todas as recomendacións sanitarias de prevención da Covid-19. As persoas que queiran sumarse á reivindicación poden colgar pancartas en lugares visibles ou nas vivendas situadas ao longo do percorrido, seguir a etapa dende as cunetas vestindo as camisolas verdes contra a construción do centro comercial e ondeando as bandeiras da plataforma, que se poden recoller de maneira gratuíta, en horario de oficina, no local das Pedriñas.

A convocatoria da mobilización realizouse a través das redes sociais e centos de persoas expresaron xa a súa vontade de participar. Non se vai establecer ningún punto de encontro para evitar aglomeracións nun determinado treito da etapa, por motivos de seguridade e tamén para darlle visibilidade á reivindicación ao longo de todo o ascenso ao porto. De acordo co ritmo de carreira máis rápido previsto pola organización, os ciclistas deberían chegar á zona do Cristo de Belén a partir das 16:50 horas. Dende aí, virarán cara ao barrio do Agueiro, igrexa de Pereiras, igrexa de Cela, alto de San Cosme e Castro de Herville, onde estará situada a meta. A plataforma ‘A Auga é Vida’ confía en que o Concello e a organización non poñan impedimentos á liberdade de expresión da veciñanza de Mos.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad