Sthela Táboas 26/08/2021

Preto dos 4 anos levan reclamando con persistencia melloras no centro de saúde porriñés ao SERGAS que, lonxe de ampliar servizos, aínda recorta os existentes

“A Atención Primaria está en grave perigo en toda Galicia e, agora que xa está aberto o proceso de licitación para a obra de ampliación do centro de saúde, seguimos adiante coas concentracións mensuais” manifestaron hoxe novamente, coma cada mes leva facendo EU Son dende fai xa 42 meses, xa descontados os tres pola Covid.

Dende o grupo municipal de oposición explican que “as consultas son telefónicas e a un mes vista; o SERGAS está a contestar as reclamacións de asistencia presencial con mentiras; asegúrase que hai ‘ocos’ para consultas normais, se así o considera o noso médic@, pero a primeira cita sempre é telefónica; o persoal administrativo dos centros de saúde ten orde de dar sempre consulta telefónica; e finalmente, as persoas maiores son as que están a sufrir especialmente todos estes atrancos”.

En referencia aos enfermos que acoden cunha emerxencia, EU Son do Porriño indica que “no caso de presentarse alguén no centro de saúde sen cita, por unha urxencia, non se antede no PAC se está en consulta o seu facultativ@; polo que pode pasar horas agardando por un “oco” e sen que ninguén o mire. A urxencia non a valora o persoal sanitario e cárgase a responsabilidade en celadores ou persoal de servizos xerais. Tamén pode marchar directamente a urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro, como se está a ver obrigada moita xente”.

Para rematar, o grupo de esquerda subliña “Isto é no que se está a converter a nosa atención primaria, nunha carreira de obstáculos, nun asunto de beneficiencia para quen non poida ou non estea por pagar sanidade privada. Non podemos deixarnos roubar desta maneira. Temos que mobilizarnos para parar esta ladroíza que só pretende beneficiar intereses privados”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad