Sabela Landín 26/08/2021

O Concello de Salvaterra de Miño comeza a conta atrás para os actos conmemorativos da LXII Festa do Viño do Condado do Tea. Estes actos están totalmente adaptados á situación sanitaria que estamos a vivir e que non nos permite celebrar a festa como estábamos acostumados; a pesares diso o Concello non se quere esquecer dunha festa tan importante para eles como é a Festa do Viño, por todo o significado que ten para o municipio.

A viticultura en Salvaterra de Miño ten un peso  moi importante, tanto a nivel de produción como económico,  pero tamén nos marca como pobo, xa que é un xeito de entender e vivir no noso rural.

Este ano a festa xira ao redor de varias accións que o público en xeral está acollendo dunha maneira moi positiva.

Por unha banda  temos con sistema de inscrición as visitas a adegas con degustación a ADEGAS FILLABOA, LAXAS, MARÍA BARGIEL, LA VAL, SEÑORÍO DE RUBIÓS E PAZO PEGULLAL que están sendo moi ben acollidas e nas que aínda queda algunha praza libre, as inscrición faranse directamente nas adegas.

Outra actividade que ofrece este ano a festa son as CATAS COMENTADAS que serán impartidas por 14 das adegas que participan este ano de balde, así durante o venres, sábado e domingo os amantes do viño poden escoller a que cata de que adega e a que hora queren participar, as prazas están practicamente esgotadas cunha inscrición superior as 200 persoas . Para participar é necesario inscribirse en 617 148 886 ou en museocienciavino@concellodesalvaterrra.org

Outra das novidades é o TUNEL DO VIÑO que se impartirá o venres e sábado mañá e tarde e domingo pola mañá e con unha inscrición a día de hoxe de ao redor de  100 persoas e que manterá as inscricións abertas durante todo o fin de semana. Para poder participar é necesario inscribirse no 617 148 886, en museocienciavino@concellodesalvaterrra.org ou de forma presencial os días da Festa. Todos aqueles que queiran participar   poderán degustar 74 referencias de viño de 29 adegas. O tunel vaise dividir en 5 seccións:

1ºSección: viños de añada actual elaborados coa variedade Albariño 100%

2ºSección: viños de añada actual elaborados co coupage tradicional do Condado do Tea: Albariño, Loureiro e Treixadura.

3ºSección: viños con vinificacións especiais e añadas antiguas

4ºSección: viños tintos monovarietais e plurivarietais

5ºSección: Espumosos das Rías Baixas

Como curiosidade dicir que o viño con máis añada co que conta o Tunel é do ano 2012

O Sábado levarase a cabo a CATA A PROCURA DOS VIÑOS DELICIOSOS DO ANO, onde participan 26 adegas con 57 viños, 30 albariños, 9 condados, 8 tintos e 10 especiais, dos cales sairán os gañadores deste ano cos diplomas de ouro, prata e bronce nas categorías de albariño e condado e diploma de ouro en tintos.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad