Mentres EU Son rexistraba por sede electrónica unha queixa formal pola aparición de ratas na avenida Galicia, o Concello do Porriño resposta ante a urxencia do exterminio das ratas que causaron danos na fibra óptica na Avda. de Galicia
Hoxe mesmo, EU Son rexistrou por sede electrónica unha queixa formal “para que se asuman responsabilidades e se cumpra co acordado no Pleno do mes de novembro de 2018. Todo isto é un síntoma máis do estado de abandono xeralizado por parte do Concello do Porriño, das súas competencias. Non só estamos ante un problema de salubridade, senón tamén de danos materiais e que poden ter como consecuencia responsabilidades patrimoniais pola inacción do goberno municipal.”
EU Son lembra que no devandito Pleno de fai preto de 5 anos, no que se aprobou por unanimidade unha moción presentada por eles que incluía un “plan integral de control de roedores, programación de controis preventivos periódicos e unha campaña informativa de concienciación cidadá”.
Na actualidade “todo se reduciu a intervencións puntuais, escasas e limitadas ao casco urbano e sempre a remolque das chamadas dalgún veciño ou veciña, co reultado de ratas nas rúas e destrución de infraestrutras e instalación, especialmente de fibra óptica no subsolo. Na avenida de Galicia quedou interrompido o servizo xa por tres veces”.
Ante o comunicado do grupo de oposición, a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre explicou “existe contrato en dous lotes adxudicados a dúas empresas, Galides e Otraplasa. O 13 de xuño do 2018 adxudicouse o contrato a Galides como mellor oferta da licitación, en marzo do 2019 comunicouse a prórroga do contrato, que preveía o propio plego de licitación. O contrato rematou este 2021 e, este mismo ano, volveuse licitar en dous lotes”.
Continúa a rexidora respostando ao grupo de oposición “Si EU Son fixera o seu traballo e pidese información, non caería no descrédito e no ridículo, facendo afirmación sen base e sen coñecemento, pero elas van a facer dano, sen importarlle si a verdade, lles pode augar un argumento sen fundamento”.
Respecto do procedemento na aparición de ratas, Eva García responde “Si hai aviso sinxelamente dase parte á empresa e esta acude de inmediato; ademáis das actuaciones normais previstas”.
Pola súa banda, o concelleiro de Limpeza e Medio Ambiente, Sergio Casal Quintas, aclara que “a empresa Agronerga pasa periódicamente a desratizar e, por suposto, hoxe mesmo din orde de volver pasar a facelo”. O concelleiro anticípalle á voceira de Eu Son, Patricia Sío “que lle imos enviar datos”.