José Docampo 25/08/2021

As obras son posíbeis grazas a unha subvención da Consellería de Medio Rural

Arrancan as obras de mellora do camiño municipal Cruz – Oural, na parroquia de Fornelos, financiadas con cargo á subvención concedida pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Consellería de Medio Rural ao abeiro do Plan de mellora de camiños municipais 2021-2022 e achega municipal con cargo ao orzamento do Concello, por un importe de máis de 52.000,00€ Con esta obra preténdese seguir mellorando a rede municipal de estradas e viais do municipio. As obras incluídas neste proxecto consisten na mellora da pavimentación do camiño municipal que discorre entre Cruz (intersección coa estrada autonómica PO-408) e o campo de fútbol de Oural, dentro da parroquia de Fornelos.

O firme actual é de aglomerado asfáltico, encontrándose este nun estado notablemente deteriorado, coa nova pavimentación de máis de 900 m e unha superficie de máis de 4.800 m2 preténdese mellorar o servizo ofrecido nesta infraestrutura aos seus usuarios, pois trátase dun vial cunha relativamente elevada densidade de tráfico en relación as súas características

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad