Xosé A. Touriñán, Carlos Blanco, Luís Piedrahita e Lucía Veiga. Impulsado polas empresas Con de tres pés, Etiqueta Negra e Ainé Producións, o proxecto súmase ás máis de 3.000 actividades deste verán no marco do Xacobeo 21-22
O novo ciclo Comicamente, impulsado polas empresas Con de tres pés, Etiqueta Negra e Ainé Producións co apoio da Xunta, chega este venres a Nigrán con Xosé A. Touriñán, Carlos Blanco, Luis PIedrahita e Lucía Veiga. A disc-jóckey Toccororo porá a música en directo. As entradas para as actuacións, que terán lugar no campo de fútbol de Monte Lourido a partir das 22,00 horas, poden adquirirse a través de comicamente.gal e de ataquilla.com. A sesión vén substituír a que estaba prevista a comezos de mes en Vigo e que non puido desenvolver por mor das condicións meteorolóxicas.
O obxectivo é levar o humor galego a 12 concellos da Comunidade ata mediados de setembro. O proxecto, enmarcado na programación do Xacobeo 21-22, súmase ás iniciativas postas en marcha pola Xunta co obxectivo de contribuír á reactivación do sector cultural.
Carlos Blanco, Xosé A. Touriñán, Luis Piedrahita, xunto a Lucía Veiga, lideran o ciclo, que conta coa participación doutros referentes do humor galego, como David Amor, Oswaldo Digón, Marta Doviro, Marita Martínez, Carmen Méndez, David Perdomo, Celso Sanmartín, Ledicia Sola e Pepo Suevos.
Comicamente arrincou a finais de xullo no Carballiño e ademais de Nigrán, inclúe no seu percorrido Vilargarcía de Arousa, Sanxenxo, Ourense, Mondoñedo, Ferrol, Pontevedra, A Coruña, Santiago de Compostela, Lugo e Lalín. Todos os espectáculos serán en emprazamentos ao aire libre e cunhas moi coidadas postas en escena.
Así, o sábado será a quenda da Coruña, co mesmo cartel que en Nigrán, e o domingo, de Santiago, con Xosé A. Touriñán, Carlos Blanco, David Amor e Lucía Veiga, con dobres pases en ambas cidades.