Sthela Táboas 25/08/2021

Tras a celebración do Pleno Extraordinario do Concello do Porriño, o grupo de oposición vota a favor do recurso contra as facturas de impago a Narón

No Pleno Extraordinario do Concello do Porriño celebrado onte, EU Son do Porriño votou a favor de presentar recurso de apelación contra a sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 3 de Pontevedra, no PO 102/20020 a instancia da empresa  NAROM S.L. por impago de facturas por máis de 175.000 €.

O grupo liderado por Patricia Sío explica que “Esta sentenza dítase despois de ter presentado o Concello un escrito de achantamento, é dicir, de acceder a pagar a esta empresa que, pola súa banda, renuncia ao cobro de intereses sobre esta cantidade. Examinada toda a documentación do expediente “consideramos que esta empresa actuou de mala fe, ao aceptar facer traballos encargados verbalmente e ademáis facturou tamén con outras dúas sociedades vinculadas co mesmo administrador e nas mesmas datas -PRODOSERMAN S.L. e HUMANIZAVIALES S.L.- máis de 70.000 e 240.000 €. Estas tres empresas non só cubriron servizos e subministracións esenciais, se non, que en varias ocasións os traballos, curiosamente, fixéronse sen ningunha persoa en plantilla”.

Deste xeito, EU Son xustifica “Non imos tragar con que se nos veñan vender como acordos favorables para o Concello, acceder a pagar se non se comproba punto por punto que actuaron de boa fe. Outras empresas non tiveron a oportunidade de presentar unha oferta, namentres outras facturaron millóns”.

Do que sí da boa conta EU Son do Porriño é “non imos calar porque o que se pretende e que morra o conto e tirar para adiante, non vaia ser que se deriven máis testemuños para a vía penal por presuntos delitos”.

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre alega que non se sacaron moitos destes traballos a concurso porque non había interventor/ra fixo a xornada completa. Non había quen iniciara os expedientes. Ao resposta de EU Son é que “Minte, o órgano de contratación é ela ou o Pleno, non o interventor/a”.

O grupo representado por Patricia Sío e Blanca Francés refírense tamén ao O BNG “di que a alcadesa non ten que dimitir, porque estar investigada no caso “Desbroces” non é o mesmo que estar imputada, que tería que facelo de abrirse xuízo oral”. EU Son matiza “é triste ver como cambian as cousas cando se está no goberno, porque no 2015 na oposición non se dicía o mesmo, os principios mudaron”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad