Sabela Landín 25/08/2021
CriseAfganistán

A presidenta, Carmela Silva, adianta á Federación Galega de Municipios e Provincias, a vontade solidaria de colaborar para axudar a resolver a crise humanitaria

Total colaboración da Deputación para colaborar na resolución da crise humanitaria derivada da evacuación de Afganistán. A presidenta Carmela Silva comunicou á federación a disposición da Deputación para acoller a 22 persoas de xeito individual na Residencia da Cidade Deportiva do Centro “Príncipe Felipe”, cifra que podería incrementarse ata un total de 35 se as persoas acollidas son unidades familiares que formen grupos burbulla.

Na resposta, Carmela Silva confirma a disposición da Deputación para botar unha man “diante da dramática situación producida en Afganistán”. “Queremos cooperar, unha vez máis, na acollida das persoas que necesiten asilo en España”. Na resposta tivéronse tamén en conta os recursos existentes e os condicionantes derivados da pandemia, a efectos de  garantir os protocolos de protección e prevención sanitarias nun centro ao que a Deputación está a prestar unha intensiva atención e seguimento dende o comezo da pandemia. A Fegamp comezou hoxe a recompilar información sobre a dispoñibilidade das distintas entidades da Administración local galega de cara a resolver a crise humanitaria co obxectivo de trasladar toda a información ás autoridades competentes e colaborar así a organización do operativo de acollida.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad