Sabela Landín 24/08/2021
Sanidade Pública

Atendendo á convocatoria da Plataforma pola Sanidade Pública de Tomiño, encadrada na Plataforma SOS Sanidade Pública, decenas de veciñas e veciños de Tomiño concentráronse hoxe en Tebra (Tomiño) para denunciar o deterioro da calidade asistencial na Atención Primaria deste municipio. Ao acto acudiu o secretario xeral do PSdeG-PSOE na provincia e delegado do Estado na Zona Franca, David Regades participando, ademais, na campaña de recollida de sinaturas.

Regades afirmou que o presidente Núñez Feijoo “non aprendeu ningunha das leccións que lle deu a pandemia de covid19”. “A solución á crise sanitaria foi a sanidade pública e Tomiño é un exemplo máis de que os recortes que xa se practicaban antes da pandemia continúan”. Engadiu que aos dirixentes públicos tócalles estar a carón da veciñanza e apoiar as súas xustas reivindicacións. “Dunha vez por todas hai que apostar pola Sanidade Pública e o Partido Popular ten claro que o seu modelo é o da privada, o modelo dos seguros privados, o que prexudica precisamente á xente que máis necesita a sanidade”. O secretario xeral das/os socialistas pontevedreses recalcou que cando se toman decisións como privar á veciñanza do Baixo Miño dunha ambulancia medicalizada “tómanse decisións que poñen en risco real as vidas das persoas”.

A presidenta da Plataforma pola Sanidade Pública de Tomiño, creada hai escasos días, Violeta de Santiago denunciou a infradotación do Centro de Saúde da localidade, que debería contar con 10 médicos/as e só conta con 6; 12 enfermeiras/os e só dispón de 9 e carece de fisioterapeutas e hixienista dental. Ademais denunciou o peche polas tardes e a inexistencia dunha ambulancia medicalizada. Por último, esixiu a atención médica presencial, en lugar da telefónica, e lembrou que continúa o peche a cal e canto do consultorio de Goián, incumprindo tódalas promesas para reabrilo.

Jesús Araújo, en representación da Plataforma SOS Sanidade pública destacou que o que está a suceder en Tomiño é reflexo dunha “política estrutural que se está a levar a cabo en toda Galicia” e acusou ao Goberno do PP da Xunta de Galicia de desviar fondos á sanidade privada en detrimento da pública. Esixiu que se garanta por lei que a Xunta dedica o 25% do seu orzamento á sanidade pública, como única vía para garantir a cobertura das vacantes, as baixas e as xubilacións. Agora, denunciou, apenas se dedica o 12%. O acto incluíu, ademais, a testemuña en primeira persoa dunha veciña con varias patoloxías e que enfróntase a diario aos problemas para obter citas e de acadar a atención médica que precisa

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad