Sabela Landín 18/08/2021
ASOCIM

Dada a situación pola que está atravesar Afganistán, as informacións sobre o país foron sumando máis e máis páxinas nos últimos días. En apenas catro días os talibáns pasaron a ocupar a maior parte do territorio, facéndose tamén co control da capital, Cabul. Activistas feministas afgás alertan sobre o perigo que corren os dereitos das mulleres baixo o réxime talibán. Nun intento por explicar cal será a situación que vivan as afgás a partir de agora, a Asociación Revolucionaria das Mulleres de Afganistán (RAWA) aludía a algunhas das normas que se impuxeron no país durante os anos que estivo sometido aos fundamentalistas, desde o 1996 ata o 2001). Case unha trintena de regras nas que se atopa a prohibición de traballar fóra da casa, estudarsaír sen estar acompañadas do seu mahram —home parente moi próximo como é o pai, un irmán ou o marido—, usar baños públicos, ser atendidas por sanitarios varóns —o que se traduce nun acceso á saúde totalmente precario ao existir un número moi reducido de médicas e enfermeiras—, lavar a roupa en ríos ou prazas públicas, falar con homes que non sexan o seu mahramparticipar nos medios de comunicación ou publicar imaxes de mulleres. Así tamén, o uso do burka será obrigatorio e seranlles aplicados fortes castigos (malleiras, lapidación) se non cumpren coa lei Sharía.

Desde ASOCIM (Asociación de profesionais dos CIM) mostran a súa preocupación pola deriva política do país e de como isto pode afectar aos dereitos humanos e fundamentais das mulleres afgás. Así mesmo, mostran o seu apoio e solidariedade coas compañeiras afgás e alentan a sumar esforzos mediante a firma de dúas peticións no seu apoio. A primeira delas, é Abrid las puertas a Afganistán y las afganas, un manifesto que xa leva recadadas máis de 50.000 sinaturas en todo o mundo e que se pretende levar ata o Parlamento Europeo e ONU Mulleres, e a segunda, promovida polo Fórum de Política Feminista e dirixida a Pedro Sánchez, é a Carta al Presidente del Gobierno ante la situación de las mujeres afganas.

ASOCIM fai súa a coñecida frase de Simone de Beauvoir, “Non esquezades xamais que bastará unha crise política, económica ou relixiosa para que os dereitos das mulleres volvan ser cuestionados. Estes dereitos nunca se dan por adquiridos, debedes permanecer vixiantes toda a vosa vida”, para insistir na necesidadede sumarse á cadea feminista na defensa dos dereitos das mulleres en todo o mundo.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad