Mónica Romero 16/08/2021

O gaiteiro Anxo Lorenzo, as cantareiras As Tanxugueiras, Dulce Pontes e Mikel Erentxun participan no cartel que terá como escenario os faros de Baiona, Muxía, Ribeira e Cervo. Alfonso Rueda presentou en Baiona a proposta musical, que conxuga unha posta en escena única coa reivindicación dos faros como patrimonio vencellado ao Camiño de Santiago

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, acompañado da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou esta mañá en Baiona Concertos na fin do mundo, unha proposta musical que invita a experiencias únicas nos faros galegos. O ciclo conta coa colaboración da Fundación “la Caixa” no marco da programación do Xacobeo.

O gaiteiro Anxo Lorenzo, as cantareiras As Tanxugueiras, Dulce Pontes e Mikel Erentxun participan no cartel que terá como escenario os faros de Baiona, Muxía, Ribeira e Cervo. Xunto e eles actuará tamén a dj galega Russihha e grupos emerxentes do panorama musical galego.

Os concertos serán o 21 e o 27 de agosto e o 3 e o 10 de setembro, para grupos reducidos que van de 100 as 250 persoas dependendo das características do faro e do nivel de ocupación dese escenario natural, tendo en conta os protocolos de seguridade e as normas sanitarias. A proposta, ademais, persegue valores de respecto coa contorna, de igualdade e de diversidade.

O vicepresidente primeiro presentou Concertos na fin do mundo en Baiona, onde se celebrará unha das propostas musicais que terá como escenario o faro de Cabo Silleiro, punto estratéxico do Camiño Portugués da Costa e un dos itinerarios xacobeos que máis está a medrar. Alfonso Rueda recordou que o visitante e o peregrino de hoxe en día demanda ofertas diferenciadas e singulares das que Galicia ten moito que ofrecer. Ao acto asistiron tamén os presidentes das Autoridades Portuarias de Vigo, A Coruña e Ferrol.

Os que desexen asistir poderán obter máis información na web www.concertosnafindomundo.com, desde onde serán redirixidos á pasarela de pago na que poderán adquirir as entradas polo prezo de 10 euros.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad